En setembro, baixa o paro rexistrado en Ourense e medra lixeiramente en Galicia e España

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2014.

Son os seguintes:

OURENSE:

Baixa o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 87  persoas, un – 0,34 %.


O número de parados queda en 25.317, deles 11.604 son homes e 13.713 mulleres, 23.730 son maiores de 25 anos e 1.587 menores.

Por sectores, 1.002 son da agricultura, 3.519 da industria, 3.296 da construción, 15.141  nos servizos e 2.359 do colectivo sen emprego anterior.

Con respecto ao mes de setembro de 2013, o paro baixa en Ourense en 2.827 persoas, un – 10,04 %. Unha baixada superior a nacional que é do - 5,86 %.

GALICIA:

Sube o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 1.264  persoas, un 0,53 %.
  
O número de parados queda en 238.203, deles 111.270 son homes e 126.933 mulleres, 224.305 son maiores de 25 anos e 13.898 menores.

Por sectores, 7.367 son da agricultura, 32.625 da industria, 31.405 da construción, 143.210  nos servizos e 20.596 do colectivo sen emprego anterior.

Con respecto ao mes de setembro de 2013, o paro baixa en Galicia en 22.530 persoas, un – 8,64 %. Unha baixada superior a nacional que é do - 5,86 %.

Aínda que se rexistra un aumento do desemprego - como é habitual nos meses de setembro (pola súa estacionalidade) - trátase da décimo primeira baixada interanual consecutiva de paro –isto é, levamos case un ano rexistrando descensos- e a maior de todas elas.  Isto confirma a mellora progresiva no comportamento do paro iniciada a finais do ano pasado. 

Ademais trátase, igualmente, do mellor comportamento interanual nun mes de setembro de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996), e se falamos en termos relativos, desde 1999

ESPAÑA:

O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego aumentou en 19.720 persoas en setembro. Desta forma, o paro rexistrado situouse en setembro en 4.447.650 persoas.

Trátase do menor incremento rexistrado en setembro dende o ano 2007. Nos últimos seis anos, o paro rexistrado aumentara por termo medio nos meses de setembro en máis de 70.000 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixou en 33.127 persoas, o que supón o mellor dato nun mes de setembro de toda a serie histórica que se inicia en 1996.

Durante os últimos doce meses, o paro reduciuse en 276.705 persoas, o que sitúa a taxa interanual no -5,86%. Pola súa banda, a redución acumulada do paro rexistrado durante os nove primeiros meses do ano, 253.688 persoas, é a maior dende 1.998.


O paro rexistrado baixa en 6 Comunidades Autónomas, encabezadas por Castela-A Mancha (-10.056), La Rioja (-1.303. Sobe, pola contra, en 11, encabezadas por Andalucía (10.665) e Cataluña (4.196).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto a agosto: en Agricultura redúcese en 14.856 (-6,94%); en Industria baixa en 6.720 (-1,46%); en Construción redúcese en 11.614 (-2,07%); en Servizos sobe en 41.608 (1,48%). Por último, o colectivo Sen Empreo Anterior increméntase en 11.302 persoas (2,99%).



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.