martes, 2 de septiembre de 2014

En agosto, Galicia foi a Comunidade Autónoma onde baixóu máis o paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2014.

Son os seguintes:

OURENSE.

Baixa o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 3.340  persoas, un – 1,39 %.

O número de parados queda en 25.404, deles 11.805 son homes e 13.599 mulleres, 23.812 son maiores de 25 anos e 1.592 menores.

Por sectores, 1.079 son da agricultura, 3.585 da industria, 3.401 da construción, 14.998  nos servizos e 2.341 do colectivo sen emprego anterior.

Con respecto ao mes de agosto de 2013, o paro baixa en Ourense en 2.566 persoas, un – 9,17 %. Unha tasa superior a nacional que é do - 5,76 %.

Son uns datos prometedores que chaman ao optimismo y que confió teñan continuidade nos vindeiros meses


GALICIA.

Baixa o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 3.340  persoas, un – 1,39 %Galicia foi a comunidade na que máis diminuíu o desemprego durante o mes de agosto a pesar de que o paro subiu lixeiramente no conxunto de España.

O número de parados queda en 246.939, deles 112.106 son homes e 124.833 mulleres, 223.244 son maiores de 25 anos e 13.695 menores.

Por sectores, 7.839 son da agricultura, 32.815 da industria, 32.205 da construción, 143.532  nos servizos e 20.548 do colectivo sen emprego anterior.

Con respecto ao mes de agosto de 2013, o paro baixa en Galicia en 20.585 persoas, un – 7,99 %. Unha tasa superior a nacional que é do - 5,76 %.

 É un bo dato para Galicia, que demostra que o noso mercado de traballo ten un dinamismo distinto ao nacional, aínda que se enmarque dentro da tendencia xeral de recuperación económica.

 En taxa interanual, Galicia está a crear emprego máis de dous puntos por encima da media estatal. Mantemos o noso diferencial e aumentámolo.

 É o terceiro maior descenso histórico, xunto co producido o ano pasado (-3.578) e en 1997 (-3.354).

 É o mellor comportamento desde o ano 1998 se falamos en termos relativos.

 Trátase da décima baixada interanual consecutiva de paro rexistrado e a maior de todas elas en termos porcentuais. Isto confirma a mellora progresiva no comportamento do paro iniciada desde finais do pasado ano.

Trátase, igualmente,  do mellor comportamento interanual nun mes de agosto de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996), e se falamos en termos relativos, desde 1999.

ESPAÑA.

O paro rexistrado no mes de agosto de en España aumentóu en 8.070 persoas respecto ao mes anterior, un 0,19 % e o número total de parados inscritos nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego sitúase en 4.427.930 persoas, deles 2.099.935 son homes e 2.328.095 mulleres, 386.343 menores de 25 e 4.041.587 maiores de 25 .

Nos últimos 10 anos, o paro rexistrado aumentou por termo medio nos meses de agosto en 49.025 persoas.

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado descendeu en 270.853 persoas, situando a taxa interanual no – 5,76%.

En termos desestacionalizados, o paro rexistrado diminuíu en 11.091 persoas. 

Trátase do descenso máis acusado nun mes de agosto dende o ano 2.002, con excepción do ano pasado.Dende que en maio de 2012 alcanzara un valor máximo do 12,5%, esta taxa caeu en máis de 18 puntos. Pola súa banda, a redución acumulada do paro rexistrado durante os oito primeiros meses do ano, 273.408 persoas, é a maior dende 1.998.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminúe nos últimos 12 meses en 20.020 persoas, o que supón un descenso do 4,9%.

paro rexistrado baixa en 8 Comunidades Autónomas, entre as que destacan Galicia (-3.340), Castela e León (-2.699) e Canarias (-1.754). Sobe en 9, encabezadas pola Comunidade Valenciana (7.372) e Cataluña (3.385).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto a xullo: En Agricultura redúcese en 6.894 (-3,12%); en Industria sobe en 5.780 (1,27%); en Construción increméntase en 162 (0,03%); en Servizos sobe en 15.161 (0,54%). Por último, o colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 6.139 persoas (-1,60%).


Estas cifras do mes de agosto, aínda que negativas, reflicten o mellor comportamento interanual do mercado laboral no seu conxunto, en termos de paro e afiliación, nun mes de agosto dende o ano 2006. 

Manteñen a tendencia positiva de medio prazo no emprego que tanto a EPA, a afiliación e o paro rexistrado veñen manifestando no último ano.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta