No acto de posta en servizo do tramo Vilagarcía-Pontevedra do Eixo Atlántico

Onte estiven no acto de posta en servizo do tramo Vilagarcía-Pontevedra do Eixo Atlántico de alta velocidade ferroviaria.

Presidiu o acto a ministra Ana Pastor que estivo acompañada no acto de inauguración, polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola conselleira de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e outras autoridades.

A construción do tramo Portela-Pontevedra, de 13 quilómetros de vía dobre, supuxo un investimento total de 155,6 M€.

Coa posta en servizo do tramo Portela-Pontevedra dáse un paso moi importante con vistas á culminación do Eixe Atlántico de Alta Velocidad.

Só restan 2 tramos para completar unha das arterias de comunicación máis importantes de España: os tramos Padrón-Vilagarcia e Arcade-Vigo Urzaiz.

Cando se finalice por completo o Eixe Atlántico entre Santiago e Vigo, Pontevedra estará conectada por alta velocidade,

- Con Vigo, en 15 minutos
- Con Santiago de Compostela, en media hora
- E con A Coruña, en menos dunha hora.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.