martes, 5 de agosto de 2014

Incremento en xullo da afiliación media á Seguridade Social

Dos datos de afiliación media á Seguridade Social do pasado mes de xullo cabe destacar o incremento de 62.108 (0,37%), o que sitúa o número total de ocupados en España en 16.747.103 persoas.

En termos interanuais, o número medio de afiliados aumentou en 320.347 (1,95%), tras sete exercicios nos que o Sistema perdía afiliación nun mes de xullo.

A afiliación ao Réxime Xeral creceu durante o mes pasado en 56.507 persoas, o que sitúa o total de afiliados en 13.558.819. Destaca Actividades Sanitarias, 43.671 (3,37%); Hostalaría, con 41.786 ocupados máis (3,81%), e Comercio; reparación de Vehículos e Motocicletas, que incorpora 36.501 afiliados (1,68%).

En sentido contrario, Educación descende en 85.742 afiliados medios (-11,92%) por razóns de calendario académico.

Sen deixar o Réxime Xeral, cabe destacar que o Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 31.992 afiliados medios (-4,28%), o que sitúa o número de ocupados en 715.321. El Sistema Especial de Empleados de Hogar, pola súa banda, minorouse en 2.731 persoas (-0,63%), polo que agora alcanza os 428.467 afiliados medios.

O Réxime de Autónomos conta con 3.119.433 persoas, tras crecer en 3.685 (0,12%). A afiliación entre o colectivo encadea dez meses de crecemento continuado.

No Réxime do Mar a ocupación aumentou en 1.947 (3,11%), ata os 64.589 afiliado medios. O mes pasado produciuse a reapertura da campaña da anchoa, que se pechara a mediados de xuño. Finalmente o Carbón diminuíu en 31 afiliados (-0,73%), situándose en 4.262.

Variación anual:

Unha vez máis a afiliación media marca un máximo nun mes de xullo dende 2007 ao sumar 320.347 persoas, é dicir, un aumento do 1,95%. Concretamente o Réxime Xeral increméntase en 1,86%, o que se traduce en 247.966 afiliados máis. En canto ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa de afiliación aumenta en 2,39%, o que supón un crecemento de 72.788 persoas nos últimos doces meses.

En Ourense no mes de xullo é o da afiliación á Seguridade Social reflicte un incremento do 0,5% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Son 575 persoas máis, o que sitúa a cifra de cotizantes na provincia en 99.121 persoas.

Os pensionistas creceron un 0,3% no último ano. Son 109.265 persoas que están a cotizar á Seguridade Social, a maioría fano ao réxime xeral, no que están 69.417 ourensans. A eles hai que sumar os 3.411 incluídos no seguro para empregados do fogar e outros 272 no réxime especial agrario. Destaca tamén a cifra de autónomos, con 26.022 cotizantes.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta