En Verin, na IX Feira do Viño de Monterrei

Onte estiven en Verin na IX Feira do Viño, situada na praza da Merced, que foi inaugurada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente do Consello Regulador, Antonio Ángel Méndez Atanes.

Percorremos os postos das dez adegas que participan, das 22 que ampara o selo de calidade da Denominación de Orixe Monterrei.

Logo, no claustro de la iglesia de la Merced, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta solicitaralle ao Goberno central unha consideración específica para o viño dentro do novo anteproxecto de lei de prevención de consumo de alcohol.

Feijóo reivindicou o mantemento dunha “taxa 0” de imposición fiscal, que lle dea seguridade xurídica ao sector e fomente un consumo responsable, preservando, deste xeito, a saúde pública de todos os galegos, especialmente dos máis novos.

Tamén quixo pór en valor a “excelencia” dos caldos degustados na Feira, reflexo “do bo facer e da profesionalidade” dos viticultores, colleiteiros e adegueiros da comarca. Nesta mesma liña, destacou o traballo e o esforzo de todo o sector vitivinícola galego por aumentar a calidade do produto para chegar a un mercado cada vez máis global e esixente, atopando así o camiño axeitado para vencer os obstáculos da crise.

Feijóo incidiu en que grazas a ese esforzo, “Monterrei xa non é a irmá pequena das denominacións de orixe galegas”, malia que as súas apenas dúas décadas de existencia a convertan na máis nova.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta salientou a gran oportunidade que representa a internacionalización para o sector vitivinícola, ao que lle atribuíu gran parte do prestixio do que goza Galicia dentro e fóra do España.

A D.O. Monterrei tamén conta cunha confraría para difundir a imaxe dos seus caldos a nivel internacional, á que se teñen unido catro novos persoeiros nesta IX edición da Feira do Viño: Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da Televisión de Galicia; Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia, e os viticultores Felisendo Prieto e Ángel Salgado, precursores da viticultura na comarca verinesa. “Os mellores viños precisan dos mellores embaixadores”, concluíu Feijóo, antes de gabar o extraordinario traballo que ten permitido consolidar a Denominación de Orixe nos últimos anos.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.