miércoles, 23 de julio de 2014

Presentado o novo Sistema de Contas Púbicas Territorializadas correspondente a 2011

Hoxe o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (MIHAP) publicou os resultados do novo Sistema de Contas Públicas Territorializadas (SCPT) correspondentes ao ano 2011.

O traballo segue a metodoloxía desenvolvida por Anxo da Fonte (FEDEA e CSIC), Ramón Barberán (Universidade de Zaragoza) e Ezequiel Uriel (Universidade de Valencia) no marco dun proxecto de investigación comisionado pola Fundación SEPI.

Informa o Ministerio que esta nova estatística, que se publicará a partir de agora de forma recorrente, ofrece unha radiografía detallada da incidencia territorial dos presupostos públicos dende unha óptica de carga-beneficio, tanto polo lado do ingreso coma do gasto. Entre outras novidades, a metodoloxía clasifica os fluxos presupostarios nunha serie de partidas que perseguen obxectivos diferentes e gardan relacións moi distintas co territorio e permite descompoñer os saldos fiscais rexionais nas contribucións dos distintos programas presupostarios co detalle que se desexe, o que permite ver de onde proveñen tales saldos e fai posible valorar os seus distintos compoñentes cos criterios que resulten máis apropiados en cada caso.

A xuízo do Ministerio de Facenda, a publicación do SCPT supón un esforzo notable de transparencia. Ningún outro país publica información oficial comparable sobre a distribución territorial dos ingresos e os gastos públicos. O MIHAP confía en que esta nova ferramenta fará posibles un debate máis informado sobre a racionalidade e a equidade da repartición dos recursos públicos e das cargas tributarias e axudará a mellorar o deseño de certas políticas nas que a dimensión territorial é importante.

Segundo este estudo terían saldo positivos as Comunidades Autónoma de Andalucía (7.421 millóns de euros), Canarias (4.054), Castela e León (3.929), e Galicia (3.240).

Tamén: Extremadura (2.991 millóns), Castela-A Mancha (2.043), Asturias (1.666), País Vasco (1.576), Ceuta e Melilla (702), Aragón (633), Cantabria (205), Murcia (173), Navarra (35) e La Rioja (12).

A Comunidade de Madrid é a que ten un maior saldo negativo (-16.723 millóns) seguido de Cataluña (8.455), a Comunidade Valenciana ( -2.018 ) e Baleares (-1.483) millóns.

Considero oportuno analizar con detalle este informe antes de facer unha valoración dos datos que desprende.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta