miércoles, 2 de julio de 2014

Accións de carácter técnico para a mellora do sector ferroviario

Celebramos hoxe na Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, a comparecencia do Secretario Xeral de Infraestruturas, para informar sobre as accións de carácter técnico para a mellora do sector ferroviario.

E a do Subsecretario de Fomento, para informar sobre os avances nas accións de carácter normativo para a mellora do sector ferroviario.

En ambos os dous casos estas accións foran anunciadas pola Ministra de Fomento na súa comparecencia do 9 de agosto de 2013 tras o accidente de Santiago de Compostela do 24 de xullo de 2013.


Manuel Niño,se referiu a aspectos de índole técnico explicando o grao de avance das 22 medidas ferroviarias anunciadas naquela data.

Informou que a día de hoxe mediante cartelóns e balizas ASFA todos os puntos nos que hai un cambio significativo de velocidade en traxectos da rede ferroviaria cunha velocidade máxima superior aos 160 Km/h.

Anunciou que este mes se estendería a todo o sector ferroviario a prohibición de que se fagan chamadas ao teléfono móbil do maquinista salvo en supostos de emerxencia ou fallo dos sistemas de comunicación regulamentarios.

Tamén informou que Renfe prevé instalar a partir do próximo mes de novembro un sistema satelital nos trens como reforzo aos sistemas de sinalización co fin de proporcionar unha axuda á condución naquelas liñas que non contan con sistemas automáticos.

Igualmente informou que a partir de outubro será obrigatorio asignar un billete gratuíto aos menores de 4 anos que viaxen en tren co fin de facilitar a súa identificación.

E que está contemplado que nas próximas datas se faga efectiva a creación da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria.

Así mesmo, dixo que está previsto implantar a partir de decembro, comezando nas estacións de maior demanda, a informatización nos controis de acceso co fin de facilitar o acceso e a identificación dos viaxeiros a bordo dun tren.



De seguido comezou a súa intervención Mario Garcés afirmando que as medidas de carácter técnico, non serían completas se non se sumasen con medidas de carácter normativo que puidesen darlle soporte legal.

Referiuse ao novo regulamento de circulación ferroviaria que vai ser o resultado dun esforzo de unificación, un instrumento normativo que agrupe e unifique polo menos ata catro instrumentos técnico-normativos diferentes.


Dixo que novo regulamento, que xa está redactado, conta con cinco libros, que compoñen a parte troncal, aos que se van engadir documentos complementarios como anexos, apéndices e especificacións, que recollerán, entre outros aspectos, os seguintes: a sinalización para facilitar a identificación de zonas de especial atención; a definición das velocidades máximas de circulación, en función dos sistemas de protección do tren; e dende logo, a apertura o regulamento ao uso de novas tecnoloxías. Citou como exemplo os detectores de vento lateral ou a detección de caída de obxectos na vía.


Tamén aludiu ás medidas orientadas á mellora das actuacións posteriores en caso de accidentes, entre elas a participación do Congreso dos Deputados na formación da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, a CIAF, xa que nunha recente reforma legal queda establecida a participación da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados no nomeamento do presidente e dos membros da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, ao tempo que se amplía o mandato de catro a seis anos e se elimina a posibilidade da súa reelección.

Falou tamén da previsión de duplicar o montante das indemnizacións do regulamento do seguro obrigatorio de viaxeiros para os casos de accidentes ferroviarios no servizo de viaxeiros de competencia estatal, de tal maneira que agora mesmo, como digo, a percepción das indemnizacións se duplicará. Por exemplo, en caso de falecemento vaise pasar de 36.060 euros a 72.120 euros.


Pechei a Comisión cunhas palabras de agradecemento aos representantes do Goberno, polo intenso traballo realizado e as explicacións dadas aos voceiros dos grupos parlamentarios, aos que tamén agradecín o talante construtivo. E finalicei recordando unha vez máis as vítimas do tráxico accidente de Angrois e os seus familiares.

Estos son os links de acceso: