domingo, 27 de julio de 2014

A vindeira semana parlamentaria

A próxima semana acudirei a Madrid para asistir á comparecencia en Comisión do ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, en concreto o martes, día 29 de xullo, ás 11,30 horas, para informar, a petición propia da situación económica e responder ás peticións aprobadas pola última Deputación Permanente.

Así, a proposta do Grupo Socialista, informará das actuacións do Goberno trala sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que se pronunciou sobre a Lei 1/2013 a instancias da Audiencia Provincial de Castellón, declarando que dita Lei non recoñece, en igualdade de condicións, o dereito a recorrer dos consumidores, así como da necesidade de paralizar os desafiuzamentos que se están producindo mentres non se garantan os dereitos dos debedores hipotecarios.

A proposta do Grupo IU, ICV-EUiA, CHA, explicará as medidas que vai adoptar o Goberno ante o fallo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE), con data de 17 de xullo, respecto da Lei 1/2013, de 14 de maio, de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestructuración de débeda e aluguer social.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta