miércoles, 25 de junio de 2014

Visitando o caixón ferroviario do CEDEX

Un bo número de deputados da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados visitamos hoxe o Centro de Experimentación e Obras Públicas (CEDEX).
Trátase dun organismo autónomo que está adscrito orgánicamente ao Ministerio de Fomento e funcionalmente aos Ministerios de Fomento e de Agricultura, Alimentación e Medio.
O Organismo proporciona apoio multidisciplinar nas tecnoloxías da enxeñaría civil, a edificación e o medio, e asiste tanto as administracións e institucións públicas coma empresas privadas
Componse dunha serie de unidades técnicas especializadas denominadas Centros e Laboratorios, que proporcionan asistencia técnica de alto nivel, investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico no marco da enxeñaría civil: portos e costas, hidráulica de augas continentais, estradas, estruturas e materiais, geotecnia, técnicas aplicadas á enxeñaría civil e o medio, e estudos históricos das obras públicas.
 Os Centros e Laboratorios dedican aproximadamente o 70% dos seus recursos a asistencia técnica de alto nivel e o 30% restante a investigación aplicada e desenvolvemento, actividades de transferencia tecnolóxica e outras actuacións de información técnica e científica.
 A visita de hoxe foi ao Laboratorio Central de Estruturas e Materiais do CEDEX.

Primeiro o Caixón Ferroviario, que é unha instalación de 21 m de lonxitude, 5 m de ancho e 4 me de profundidade que permite ensaiar a escala 1:1 seccións completas de vías férreas convencionais e de alta velocidade.
Os seus responsables explicáronnos o ensaio que nestes momentos se realiza en relación co proxecto ferroviario da Meca-Medina.

Tamén visitamos o simulador dinámico e sísmico que consiste nunha plataforma de aceiro de 3 x 3 x 1 soportada por oito gatos hidráulicos de alta resposta en frecuencia, de forma que a posición destes determinan o movemento do simulador en calquera combinación dos seis graos de liberdade no espazo. 
Permite transmitir o obxecto que se ensaia calquera tipo de vibración en calquera dirección do espazo. 

Reprodúcense terremotos, vibracións ferroviarias, impactos ou choques. Ensáianse elementos estruturais, material móbil ferroviario ou sistemas sensibles a vibracións.

Unha interesante visita que nos serviu para coñecer a enorme calidade deste Laboratorio e a profesionalidade dos seus técnicos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.