Unha monarquía renovada para un tempo novo

Asisto hoxe, xoves, ao acto de proclamación da Súa Maxestade  O Rei don Felipe VI, ante as Cortes Xerais, na sesión solemne do Hemiciclo do Congreso dos Deputados, á que asistiron as principais autoridades do Estado.


SS.MM. os Reis don Felipe de Borbón e dona Letizia foron recibidos ás 10,30 horas na Carreira de San Jerónimo polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Un batallón de honras composto pola escuadra de gastadores e catro compañías dos tres exércitos e da Garda Civil renderon honras, coa interpretación do himno nacional, e S.M. o Rei don Felipe pasou revista ás tropas.

A continuación accederon ao Hemiciclo. Nel, situáronse no estrado xunto a Súas Altezas Reais a Princesa de Asturias e a Infanta dona Sofía, os presidentes do Goberno, o Congreso e o Senado; os presidentes do Constitucional e do Supremo; as Mesas do Congreso e do Senado e membros da Casa de S.M. o Rei.

No Salón de Sesións tomamos asento os deputados e senadores, ante os que tivo lugar o acto de proclamación, que comezou cunhas palabras do presidente do Congreso e o xuramento da Constitución por parte de S.M. o Rei.

Tras a proclamación de S.M. o Rei co nome de Felipe VI, o Rexemento de Infantaría Inmemorial do Rei nº1, do que é membro Súa Maxestade  O Rei, interpretou o himno nacional.

S.M. o Rei don Felipe VI, que levaba o uniforme de Grande Etiqueta do Exército de Terra, pronunciou entón un discurso ante as Cortes Xerais.

Ao final o acto, SS.MM. os Reis volveron ao Salón de Pasos Perdidos para saudar os voceiros do Congreso e o Senado, así como aos presidentes das comunidades autónomas e os ex presidentes do Goberno.

SS.MM. os Reis saíron despois ao podio de honra situada ao pé da escalinata da Porta dos Leóns para presidir, xunto a Su Alteza Real la Princesa de Asturias, dona Leonor, e Su Alteza Real la Infanta dona Sofía, o desfile das compañías de honras dos tres Exércitos.

Unha vez rematado o desfile militar, SS.MM. os Reis iniciaron o percorrido en automóbil ata o Pazo de Oriente.


Discurso do Presidente do Congreso:


Discurso do Rei:


Con la tecnología de Blogger.