jueves, 22 de mayo de 2014

Eleccións Europeas: mitín nas Burgas

Onte foi un día intenso de campaña para o Partido Popular na cidade de Ourense. 

Pola mañá, a sede de Aixiña acolleu un acto sectorial sobre Política social que contou coa presencia de Ignacio Tremiño, Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, e no que participaron tamén o responsable de Políticas Sociais do PPOU, Miguel Santalices, a eurocandidata Carmen Pardo e o presidente provincial, Manuel Baltar.

Os colectivos e asociacións do sector das Políticas Sociais participaron neste acto formulando preguntas e abrindo intervencións destinadas a debuxar a situación destes colectivos e o mellor xeito de aplicar as políticas que se adoptan en Europa no beneficio dos usuarios. A discapacidade e o xeito de eliminar barreiras foron puntos fundamentais no debate aberto en Aixiña.

Lembremos que Aixiña é unha Asociación dedicada á integración de persoas afectadas de discapacidade física, paralise cerebral e terceira idade dependente. Entidade fundada por Recaredo Paz e que fai unha gran labor na  plena integración destas personas en todos os ámbitos da vida, facendo importante fincapé na formación e na integración laboral.

Pola tarde acudín  ao Debate Popular coordinado María Antonia Rilo, que contou coa participación presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; e do vicepresidente, Miguel Santalices. As políticas europeas e a súa incidencia en Galicia foron algunhas das claves que se abordaron.

E despois acudin ao local da Asociación de veciños As Burgas, onde celebramos un mitin no que interviron José Luis Valcarce, Marta Rodríguez-Vispo e Rosendo Fernández.

 Fun invitado a dirixirme á nutrida asistencia.

 E fixen un someto repaso á situación política e económica de España desde decembro de 2011, constatando os esforzos e inxentes realizados polos cidadáns e polo goberno para sair da recesión e do descrédito europeo. E tamén para reflexionar sobre Europa, o que supón nas nosas vidas diarias e as pespectivas de futuro.

Por suposto fixen un chamamento á participación para evitar que estas eleccións sexan gañadas polo “partido da abstención”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta