Estos son os principais resultados a nivel estatal:
- A ocupación baixa en 184.600 persoas este trimestre, ata un total de 16.950.600. O descenso de ocupados é o menor nun primeiro trimestre desde 2008. A variación trimestral do emprego é do - 1,08% (do - 0,10% en términos desestacionalizados). A taxa de emprego descendeu no último trimestre 41 centésimas, situándose no 44,05%.
- O emprego reduciuse en 79.600 persoas nos últimos 12 meses. A variación anual é do - 0,47%, a menos negativa desde o terceiro trimestre de 2008. A taxa de emprego subiu oito centésimas no último ano.
- A ocupación baixa en 195.800 persoas no emprego privado e aumenta en 11.100 no público. No conxunto do ano a ocupación reduciuse en 48.400 no sector privado e en 31.200 no público.
- O número de traballadores por conta propia descende este trimestre en 20.300. O total de asalariados con contrato indefinido baixa en 51.600 e o de asalariados con contrato temporal redúcese en 112.400.
- A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura (31.800 máis) e baixa nos Servizos (126.000 menos), a Construción (- 48.200) e a Industria (- 42.200).
- A comunidade autónoma na que máis crece a ocupación respecto ao trimestre anterior é Andalucía (41.700 máis). Os maiores descensos danse en Comunitat Valenciana (40.900 ocupados menos), Cataluña (- 38.100) e Illes Balears (- 36.300 menos).
- Rexión de Murcia (3,60%), Andalucía (2,56%) e Estremadura (2,20%) presentan os maiores crecementos porcentuales anuais da ocupación.
- Pola súa banda, os maiores descensos danse en Comunidade de Madrid –(-4,52%)
e País Vasco (-3,29%).
- O número de parados diminúe no trimestre en 2.300 persoas e sitúase en 5.933.300. A variación trimestral do desemprego é do - 0,04% (do - 2,20% en términos desestacionalizados). A taxa de paro sobe dúas décimas ata o 25,93%. A cifra total de desempleados reduciuse en 344.900 persoas nun ano. É o maior descenso anual do paro desde o terceiro trimestre de 2005.
- As maiores baixadas do paro respecto ao trimestre anterior danse Andalucía (59.200 menos), Canarias (9.300 menos) e Comunidade de Madrid (- 8.600). Os maiores incrementos prodúcense en Illes Balears (18.800 máis) e Galicia (16.100).
- O número de activos descende neste trimestre en 187.000 ata 22.883.900. A taxa de actividade sitúase no 59,46%, a máis baixa desde o segundo trimestre de 2007. Nun ano a poboación activa reduciuse en 424.500 persoas.
- Os descensos máis acusados do número de activos danse en Comunidade de Madrid (38.900 activos menos), Cataluña (- 37.400) e Comunitat Valenciana (- 26.100).
- DATOS TAXA PARO EPA
GALICIA
Non se pode facer unha valoración positiva por máis que os datos referidos a ocupados –as
persoas que traballan- se comporten mellor que no primeiro trimestre de 2013.
En concreto, o número de ocupados descende un 30 por cento menos que o facía hai un ano. (Este ano descenden en 19.800, o pasado ano o descenso era de 28.200)
En termos interanuais, a taxa de paro aumenta 0,9 puntos con respecto á taxa do mesmo trimestre de 2013. Este dato, aínda que negativo, reflicte a contención na destrución de emprego. De 2012 a 2013 a taxa subía en 2,16 puntos --de 20,1 a 22,26-. Isto é, o incremento interanual da taxa reduciuse a máis da metade.
Galicia segue mantendo, no primeiro trimestre de 2014, o diferencial positivo coa media de España. Nesta ocasión, o diferencial mantense en torno aos 3 puntos. No primeiro trimestre fomos a décima comunidade autónoma con menor taxa de paro
En concreto, o número de ocupados descende un 30 por cento menos que o facía hai un ano. (Este ano descenden en 19.800, o pasado ano o descenso era de 28.200)
En termos interanuais, a taxa de paro aumenta 0,9 puntos con respecto á taxa do mesmo trimestre de 2013. Este dato, aínda que negativo, reflicte a contención na destrución de emprego. De 2012 a 2013 a taxa subía en 2,16 puntos --de 20,1 a 22,26-. Isto é, o incremento interanual da taxa reduciuse a máis da metade.
Galicia segue mantendo, no primeiro trimestre de 2014, o diferencial positivo coa media de España. Nesta ocasión, o diferencial mantense en torno aos 3 puntos. No primeiro trimestre fomos a décima comunidade autónoma con menor taxa de paro
En Galicia baixa o número de ocupados en 1,97 décimas con respecto ao trimestre
anterior, e un 2,27 en termos interanuais o que supón que os ocupados descenden
en 19.800 con respecto ao trimestre anterior, e en 22.800 con respecto ao mesmo
trimestre do ano anterior.
Hai que ter en conta de que, a pesares de que é un dato negativo, o número de
ocupados baixaba en 28.200 no primeiro trimestre de 2013, con respecto ao
trimestre anterior. Isto é, este ano o número de ocupados baixa un 30
por cento menos.
A pesares de que se contén o descenso dos ocupados, o paro aumenta en 16.000
persoas, mentres que o ano anterior eran 11.000
¿Por que aínda que se contén o
descenso de ocupados, aumenta o número de parados?:
Porque cambia o
comportamento da poboación activa. Se no primeiro trimestre de 2013 perdíanse
17.200 activos, agora pérdense 3.800 activos.
Aínda que o dato de 3.800 é
negativo, esta cifra demostra que se están incorporando persoas á busca activa
de emprego. De feito, Galicia é a terceira comunidade autónoma que menos baixa
en número de activos (cun -0,23% cando a media de España é -0,81%).
E
isto demóstrase, por exemplo, polo dato das xubilacións, posto que en 2013
rexistráronse 7.700 xubilacións máis que en 2012. Isto é, houbo moitas máis
xubilacións que perda de activos, o que quere dicir que estas saídas estanse
compensando con entradas no mercado laboral.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.