Miguel Arias Cañete será cabeza de lista do PP ás próximas eleccións do Parlamento Europeo

Despexáronse as incertezas.

A secretaria xeral do Partido Popular, María Dores Cospedal, anunciou hoxe que o PP trasladará ao Comité Electoral a proposta de que a persoa que encabece a candidatura do Partido Popular ás próximas eleccións do Parlamento Europeo sexa Miguel Arias Cañete. 

Noticia que foi difundida cando o interesado ocupaba o seu escano no Congreso, respostando a unha pregunta da oposición., como o acredita esta foto.

Cospedal explicou que mañá se reunirá o Comité Electoral para designar a lista da candidatura ao completo, cuxa presentación oficial terá lugar o vindeiro sábado en Toledo.

A súa biografía di que naceu en Madrid o 24 de febreiro de 1950. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. En 1974 obtivo a praza de avogado do Estado que exerceu nas Delegacións de Facenda de Ceuta, Cádiz e Xerez da Fronteira. En 1982 foi elixido senador por Cádiz. Entre 1982 e 1986 ocupou un escano no Parlamento de Andalucía. En 1986 foi elixido eurodiputado e ocupou o seu escano ata o mes de xuño de 1999. En 1994 obtivo unha concellería no Concello de Xerez da Fronteira, cargo que renovou nas eleccións municipais de 1999. 

Entre 1994 e 1996 foi presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e desde 1996 ata o final da legislatura europea, presidente da Comisión de Política Rexional desta mesma Cámara. No ano 2000 foi elixido senador por Cádiz. No ano 2000 foi nomeado Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

Nas eleccións xerais celebradas o 13 de Marzo de 2004, encabezou a lista do PP por Cádiz, sendo Deputado Nacional por Cádiz e Portavoz da Comisión de Economía do Congreso dos Deputados. Nas eleccións xerais celebradas o 9 de Marzo de 2008, foi elixido Deputado Nacional por Madrid. Nas eleccións xerais celebradas o 20 de Novembro de 2011, foi elixido Deputado Nacional por Madrid. Rajoy nomeouno Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Coñezo a Miguel Arias desde o ano 2000 e tiven a sorte de traballar con el na

área de economía e constatei ademais da súa gran sabedoría e experiencia, que é una persoa excelente, de trato próximo e de gran simpatía e o seu espírito é moi dialogante.

Creo que ademais responde ao perfil adecuado para representar aos españois no Parlamento Europeo, por ser un gran xestor,  experto coñecedor da política comunitaria e ter unha profunda vocación europea. Ademais ten acreditado a mellor e mais eficaz defensa ha dos intereses xerais de España e dos dereitos dos españois en Europa.


É un bo coñecedor de Galicia e por suposto de Ourense. 


Fai poucos meses tivemos a honra de recibirlle na miña provincia, onde na capital inaugurou a Estación de Tratamento de Augas Potables, visitou en Santa Cruz de Arrabaldo a sé da gran empresa alimentaria de Ourense, COREN e tamén en Ribadavia as instalacions da Cooperativa do Ribeiro.

Noraboa e moita sorte para Arias Cañete.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.