Importante impulso á Variante do AVE entre Taboadela e Ourense

Hoxe publícase no Boletín Oficial do Estado, a Resolución da Secretaría de Estado de Infraestructuras de 3 de marzo de 2014 pola que se aproba o expediente de información pública e audiencia e o estudo informativo do “Proxecto de Integración Urbana e Acondicionamiento da Rede Ferroviaria de Ourense”, propoñendo como solución a desenvolver nos proxectos constructivos a alternativa 2 coas modificacións definidas no propio expediente a raíz das alegacións recibidas, e coas seguintes adecuacións:

- No tramo Taboadela-Seixalbo, optimizarase o trazado para pasar sobre o río Mesón de Calvos.

- No tramo Seixalbo-Ourense, se implantará exclusivamente unha plataforma de vía dobre, cunha via de ancho UIC e outra de ancho mixto.

Ademais na Resolución dise que a redacción e aprobación dos proxectos constructivos e a execución das obras corresponderá a ADIF-Alta Velocidade.

Tamén se destaca polo Ministerio que xa se iniciou a tramitación ambiental da optimización do trazado do tramo Taboadela-Seixalbo, co envío ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente do correspondente Documento ambiental, para a avaliación de impacto ambiental simplificada conforme ao establecido na Lei 21/2013 de avaliación ambiental.

Esta Resolución confirma o expresado o 19 de abril de 2013 por Ana Pastor: a variante entre Taboadela e Ourense, é a solución máis adecuada para a chegada da alta velocidade e que a súa tramitación avanza decididamente.

Ao tempo quero recordar que, trabállase co obxectivo de finalizar as obras en 2018, permitindo a conexión en alta velocidade entre o centro da meseta e o Noroeste peninsular.

. Que, para iso entre 2012 e 2013 o Goberno do PP licitou obras e materiais por un importe duns 928 M€. Ademais, nestes dous anos de legislatura, adxudicáronse investimentos por un importe de máis de 1.933 M€.

. Que, entre 2012 e 2013 executouse obra por 1.090 M€, e nos orzamentos de 2014 consignáronse 876,6 Me, dos que 572,2 M€ son en Galicia. Cifras moi similares ao investimento do 2013, o que demostra o compromiso do goberno do PP con que a alta velocidade chegue a Galicia.

. Que, entre os anos 2012 e 2013 investíronse na liña a Galicia un total de 1.090 M€, o que supón máis de 2 veces (2,26) o investido anteriormente a decembro de 2011 (que foron 483 M€).

. Que, estes investimentos son os que, por exemplo, permiten que os últimos 22 quilómetros entre Porto e Taboadela superen xa o 85% de execución.


. Que, estámolo conseguindo traballando co máximo esforzo, por iso están todos os túneles coa excavación iniciada desde todas as frontes posibles. En concreto nos túneles da Canda e O Espiño estase traballando en 4 frontes ao haberse concluído xa as galerías de ataque intermedio. No túnel de Bolaños (tramo Vilariño-Campobecerros) xa comezou a traballar a tuneladora.


. Que, dentro das últimas actuacións destacadas no AVE a Galicia está a licitación do contrato de control de tráfico, seguridade e telecomunicacions entre Olmedo e Ourense, que foi publicado no BOE o pasado 14 de marzo de 2014. O importe total da licitación ascende a 640,8 M€. 

. Que,  nos PGE-2014 o Corredor Noroeste de Alta Velocidade é o primeiro corredor en volume de investimento (1.077 M€), dos que 876,6 M€ son para o Ave a Galicia, dos que 572,2 son en Galicia (Estas cifras inclúen os proxectos Ourense-Vigo por Cerdedo)




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.