En marzo, esperanzadora baixada do paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo  de 2014

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 287 persoas, un – 0,94 %.

O numero de parados queda en 30.216, deles 14.551 son homes e 15.665 mulleres, 28.196 son maiores de 25 anos e 2.020 menores.

Por sectores, 1.366 son da agricultura, 4.375 da industria, 4.230 da construción, 17.743 nos servizos e 2.502 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 3.608 persoas con respecto a febreiro, un – 1,29 %. O número de parados queda fixado en 276.463, deles 134.467 son homes e 141.996 mulleres, 259.166 son maiores de 25 anos e 17.297 menores.

Por sectores, 9.469 son da agricultura, 38.261 da industria, 39.843 da construción, 166.952 nos servicios e 21.938 do colectivo sen emprego anterior.

O paro baixou en todas as provincias, sendo o mellor dato o de Lugo, - 2,42 %.

Galicia é a terceira comunidade onde máis descendeu o desemprego en marzo.

A redución é do 1,29% respecto a febreiro deste ano, pero do 5,06% en taxa interanual. En Galicia hai hoxe 14.724 parados menos que hai un ano.

Galicia encabeza a recuperación do emprego en España. Mentres que na media estatal a taxa interanual é do -4,75%, en Galicia é do -5,06%.

España:

O paro baixou en marzo en 16.620 persoas, un – 0,35 %. Queda situado en 4.795.866 persoas. Deles 2.320.687  son homes e 2.475.179 son mulleres. 4.364.181 son maiores de 25 anos e 431.685 menores.

Por sectores, 230.937 son da agricultura, 502.018 da industria, 629.169 da construción, 3.046.322 nos servizos e 387.420 do colectivo sen emprego anterior.

Trátase do mellor comportamento do paro rexistrado nun mes de marzo desde o ano 2006. Nos últimos 5 anos, o paro rexistrado no mes de marzo crecera máis ou menos en 41.463 persoas.

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado diminuíu en 239.377 persoas. A taxa interanual, que en outubro se situou en valores negativos por primeira vez desde maio de 2007, continúa caendo ata o -4,75% e acumula xa un descenso de máis de 17 puntos desde que, en mayo de 2012, alcanzase un valor de 12,5%.

En términos desestacionalizados, o paro diminúe en 17.000 persoas. É a maior caída do paro desestacionalizado en marzo dos últimos 10 anos. O paro desestacionalizado acumula oito meses consecutivos de redución, por primeira vez desde o ano 1999.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminúe nos últimos 12 meses en 48.027 persoas, o que supón un descenso do 10%.

O paro rexistrado baixa en 13 Comunidades Autónomas, encabezadas pola Comunidade Valenciana (-5.902), Cataluña (-5.119) e Galicia (-3.608). Sobe, en cambio, en 4, encabezadas por Andalucía (10.060) e País Vasco (2.112).

Por sectores económicos, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto de febreiro: En Agricultura increméntase en 14.854 (6,87%); en Industria baixa en 5.565 (-1,10%); en Construción redúcese en 13.892 (-2,16%); en Servizos baixa en 21.208 (-0,69%). Para rematar, o colectivo Sen Emprego Anterior increméntase en 9.191 persoas (2,43%).

Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.