domingo, 19 de enero de 2014

Sobré o Pleno extraordinario da vindeira semana


A vindeira semana teremos un Pleno extraordinario do Congreso dos Deputados que comenzará o martes  as 16,00 horas, co debate sobre a convalidación ou derrogación do Real Decreto-Lei 17/2013, de 27 de decembro, polo que se determina o prezo da enerxía eléctrica nos contratos suxeitos ao prezo voluntario para o pequeno consumidor no primeiro trimestre de 2014.

A continuación, celebrarase o debate de totalidade do Proxecto de Lei pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro. 

A sesión continuará coas mocións consecuencia de interpelacións  urxentes do último Pleno, do Grupo Socialista sobre as intencións do Goberno respecto da revisión da reforma laboral aprobada en 2012; e de Amaiur, formación integrada no Grupo Mixto, sobre o "seguimento policial e a criminalización do profesorado do modelo D en Navarra".

O mércores, 22 de xaneiro, ás 9,00 horas, renovarase o Pleno coa comparecencia do Goberno ante o Pleno da Cámara, de conformidade co disposto polo artigo 203 do Regulamento, para informar sobre o Consello Europeo dos días 19 e 20 de decembro de 2013 en Bruxelas.

Tal e como acordou a Deputación Permanente, incluirase tamén na orde do día a sesión de control ao Goberno e as interpelacións urxentes.

Para rematar, decidirase sobre a convalidación ou derrogación de Real Decreto-Lei 15/2013, de 14 de decembro (corrección BOE), sobre reestructuración da entidade pública empresarial "Administrador de Infraestructuras Ferroviarias" (ADIF) e outras medidas urxentes na orde económica; e o Real Decreto-Lei 16/2013, de 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empleabilidade dos traballadores.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.