Luz verde á creación da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria

Destacar que hoxe o Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Fomento, deu luz verde á creación da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria coa aprobación do Real Decreto- Lei de medidas de reforma en materia de infraestructuras e de transportes.

A citada Axencia asumirá as funcións de autoridade independente responsable da seguridade ferroviaria, de acordo coa normativa comunitaria. 

A Axencia será independente e actuará de xeito transparente e non discriminatoria. Así mesmo, velará polo mantemento da seguridade sobre a Rede Estatal Ferroviaria de Interese Xeral (REFIG). Expedirá licenzas de operación e os certificados e autorizacións de seguridade e supervisará o seu cumprimento polos axentes do sistema ferroviario. Propoñerá a elaboración e desenvolvemento do marco normativo de seguridade, e organizará e xestionará o Rexistro Especial de Empresas Ferroviarias. 

A Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria poderá levar a cabo todas as inspeccións e investigacións necesarias para o cumprimento das súas funcións. 

Terá acceso a todos os documentos, locais, instalacións e equipos dos administradores da infraestructura e das empresas ferroviarias. Xunto a iso, manterá un intercambio activo de coñecementos e experiencias coas Autoridades responsables de seguridade dos demais países da Unión Europea. 

Tamén a ministra Ana Pastor informou que está elaborado xa o novo Regulamento de Circulación Ferroviaria, que actualizará as regras e procedementos operativos necesarios para mellorar a seguridade e eficiencia da circulación dos trens pola Rede Estatal Ferroviaria. Vanse a iniciar as consultas co sector e con posterioridad remitirase ao Consello de Estado.


Celebro a importancia dos citados acordos do Goberno que son a resposta as medidas comprometidas no Congreso dos Deputados por Ana Pastor e ademais xusto hoxe que se cumpren seis meses do terrible accidente de Angrois.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.