jueves, 30 de enero de 2014

No faladoiro de Radio Voz

Hoxe as 8,30 horas tivemos a habitual tertulia de Radio Voz, moderada por Antia Díaz Leal, e na que desde o Congreso, tres parlamentarios, falamos de temas de actualidade.

Adicamos a maior parte do tempo a falar da noticia da adxudicación de dous floteis de Pemex aos estaleiros Barrreras e Navantia . A miña valoración foi a de considerar como un éxito para Ferrol, Vigo e para todo o país.

Un mérito do punteiro sector naval galego e que abre enormes oportunidades para acadar mais carga de traballo e mellorar o posicionamento internacional desta industria de cara ao futuro, e consolidar a imaxe de Galicia como referente tecnolóxico.

Valores especialmente que Navantia recupere actividade no sector civil da construcion e que a sua calidade prevaleciera sobre outras ofertas mais baratas,

Destaquei o enorme esforzo do presidente Feijoo, que lideróu as negociacions con PEMEX que foron longas, difíciles e complexas.

Tamén falamos dos problemas dos grupos municipais socialistas en Ourense e Ferrol.

Dixen que poden entenderse os problemas e discrepancias internas nun partido, pero que non poden trasladarse aos órganos de goberno das Administracións.

 No caso do Concello de Ourense, a indisciplina de cinco edis socialistas, coloca ao alcalde Agustín Fernández nunha difícil situación, pois so ten seis dos 27 cconcelleiros, o que faría a cidade ingobernable. E critiquéi que un problema de partido se traslade a todolos ourensans.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.