miércoles, 29 de enero de 2014

Excelentes noticias para o sector Naval de Ferrol e Vigo e para toda Galicia

Esta madrugada coñecimos a adxudicación de dous floteis da petroleira mexicana Pemex ás rías de Vigo e Ferrol garantizando máis investimento, carga de traballo e esperanza para o sector. 

O presidente Albero Núñez Feijoo, atribuíu o mérito desta boa nova á capacidade dos traballadores do naval galego, “xa que se algún mérito ten a Xunta –dixo- foi e é confiar sempre nesa capacidade dos nosos traballadores, do sector e de Galicia e, en ningún momento, dubidar das nosas posibilidades”.

Logo de que hai unhas semanas se confirmase a entrada de Pemex en Barreras e o compromiso de cinco pedidos por 300 millóns de euros nese estaleiro vigués, Feijóo afirmou que esta nova servirá de esperanza e de estímulo para Ferrol, para todo o sector naval galego pero tamén para toda Galicia. “É unha boa noticia para Galicia –precisou-, pero tamén para Pemex, que comprobará o acerto da súa decisión, do mesmo xeito que se outras grandes compañías elixen investir en Galicia tamén acertarán”.

“Estamos falando dunha cifra de 600 millóns de contratacións de Pemex en estaleiros públicos e privados galegos; unha porta á esperanza que espero sexa unha das primeiras noticias das moitas que desexo poidamos celebrar en todo o sector naval español e galego”, salientou, ao que engadiu que para cumprir os prazos de traballo se precisarán entre os estaleiros e a industria auxiliar postos de traballo directos para máis de mil persoas, aos que haberá que sumar os indirectos.

Tamén  Feijoo  tivo palabras de agradecemento para a petroleira mexicana e para o presidente do país, Peña Nieto, “por manter os seus compromisos e a confianza en Galicia”, para o executivo de España “e moi especialmente polo papel do presidente do Goberno”, e para o Goberno galego, que sen ter as competencias neste sector, traballou e traballa con intensidade por conseguir carga de traballo para un estaleiro público en Ferrol que estaba baleiro e para un estaleiro en Vigo que estaba ao borde da quebra.

Nesta liña, lembrou que o Executivo autonómico vén sufrindo os problemas do naval involucrándose na busca de solucións, co mesmo compromiso que hoxe celebra que, despois de tanto tempo de incerteza, 2014 se inicie con máis estabilidade, con máis confianza e con máis oportunidades: “Con máis estabilidade porque temos uns estaleiros solventes e saneados; con máis confianza porque contamos cun sistema de tax lease blindado ante Europa e que ofrece garantías aos inversores; e con máis oportunidades, como as que se materializaron e ás que acaba de engadirse nas últimas horas unha das máis importantes e esperadas por Galicia”.

No tocante ao novo sistema de tax lease, Feijóo congratulouse de que ademais da capacidade tecnolóxica acreditada pola historia e pola seriedade e a profesionalidade demostradas durante décadas, o naval conte por fin coas ferramentas financeiras e as garantías necesarias para conseguir novos contratos. “Hai un camiño aberto, seguro e que dá confianza”, aseverou, e animou a todos os estaleiros e inversores a transitalo; e de forma especial, ao sector naval galego para que continúen pola senda da xestión flexible que permitiu a estaleiros como Freire ou Nodosa asinar contratos e ter carga de traballo.

Nese camiño, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu a absoluta seguridade de que seguirán tendo ao carón á Xunta de Galicia.

Celebro dun xeito extraordinario esta boa nova e quero felicitar expresamente ao presidente Feijoo pola sua implicación personal en acadar estos contratos e tamén ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
Por suposto ao alcalde Ferrol, José Manuel Rey que tanto ten loitando para que Ferrol tivera carga de traballo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.