Sobre a campaña de vialidade invernal 2013-2014 na Rede de Estradas do Estado


Esta mañá a primeira hora viaxei en automóbil desde Ourense ata Madrid para asistir a unha sesión convocada para ás trece horas da Diputación Permanente e ao posterior Pleno.

Como é coñecido estamos vivindo no noroeste de España un inverno con moitas inclemencias meteorolóxicas: temporais, choivas intensas e bastante frío.

E hoxe como en días precedentes tamén se deixou sentir a neve nos puntos máis altos da autovía das Rías Baixas, A-52.

En concreto nas portillas da Canda (1.262 metros) e o Padornelo (1.360 metros ), pero afortunadamente foi posible transitar de forma segura pola prevención de placas de xeo mediante a utilización de fundentes e da actuación das máquinas quitaneves.

Unhas actuacións que se enmarcan nos plans postos en marcha polo Ministerio de Fomento e o Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral de Tráfico e da Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias, dentro da campaña de vialidade invernal 2013-2014 na Rede de Estradas do Estado.
Un investimento previsto nesta campaña que se mantén respecto de a de anos anteriores, e cun orzamento estimado é de 65,1 millóns de euros.
Resaltar que todos os tramos de estradas da Rede do Estado teñen asignado un nivel de servizo, sendo prioritaria a atención a aquelas vías con maior Intensidade de tráfico (IMD), así como as autopistas e autovías que comunican as capitais de provincia e as poboacións de máis de 20.000 habitantes.
Así que felicitarme do bo funcionamento destes operativos dispostos para tratar de garantir o tránsito seguro nas estradas do Estado ante situacións de xeada e nevada.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.



Con la tecnología de Blogger.