lunes, 2 de diciembre de 2013

Expourense asegura a continuidade do proxecto internacional de Termatalia


O pasado xoves tivo lugar na cidade arxentina de Termas de Río Hondo, un acto de gran trascendencia para Ourense, que non quero deixar de resaltar neste blog.

Trátase da firma dun convenio de colaboración interinstitucional que posibilitará a celebración de TERMATALIA 2014 en Arxentina, e que terá lugar do 1 ao 4 de outubro en Termas de Río Hondo, capital termal de América Latina.

O convenio foi rubricado polo ministro de Turismo da República de Arxentina, Enrique Meyer e o director gerente de Expourense, Alejandro Rubín, por delegación do Padroado da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense.

A este acordo sumouse tamén o gobernador da provincia de Santiago do Estero, Gerardo Zamora, onde se sitúa a cidade de Termas que será sé da feira internacional, e as patronais do sector turístico deste país. Roberto Brunello, por parte da FEHGRA (Federación de Empresarios de Hotelería Gastronómica da República Arxentina) e Óscar Guezzi, presidente da CAT (Cámara Arxentina de Turismo) servirán de plataforma empresarial para o desenvolvemento do evento.

Desde logo é todo un éxito para Expourense, que asegura que o seu gran proxecto feiral internacional, teña continuidade nunha nova edición e que volva a servir de ponte ao termalismo de Europa e América Latina.

Os meus parabens a Expourense, e moi especialmente a Alejandro Rubín, por construír co incansable traballo de varios anos, estas excelentes relacións con Latinoamérica e moi en especial con Arxentina. 


E por seguir creando novas oportunidades de negocio para as empresas e proxectando a imaxe de Galicia e de Ourense como destino termal de referencia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.