lunes, 25 de noviembre de 2013

Sobré a Estratexia Loxística nacional

Cádiz
Estiven esta mañá en Cádiz para asistir á presentación pola ministra de Fomento, Ana Pastor, do Plan de Estratexia Loxística nacional que elaborou o Ministerio de Fomento, en coordinación coas comunidades autónomas e representantes do sector, co obxectivo de aumentar a competitividade da industria e da economía española no seu conxunto, a través do desenvolvemento dunha rede intermodal, de potenciar o papel de España como "hub" de mercancías e de reducir os custos loxísticos, entre outras medidas.

Unha estratexia que persegue lograr un sistema de transporte multimodal, seguro, eficiente e sostible, que conecte estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos; que optimice o funcionamento das cadeas de transporte e que dea resposta ás necesidades das empresas. Outro dos obxectivos deste plan é potenciar o papel de España como porta de entrada, centro de tratamento e distribución de mercancías intercontinentais para Europa.

Entre as medidas anunciadas pola ministra, destaca a creación da Lei do Sector Loxístico, que lle dote dun corpo xurídico propio, así como a elaboración dun Código de Boas Prácticas. Tamén se creará un portelo único para a tramitación administrativa que alixeire e homoxenice os trámites nos diferentes modos. Xunto a iso, poñeranse en servizo autopistas ferroviarias, previa análise dos potenciais tanto nacionais como internacionais.

As actuacións previstas representan un investimento estimado de 8.000 millóns de euros.

Durante a súa intervención Ana Pastor destacou a relevancia socio-económica da loxística e do transporte no noso país, xa que representan en torno ao 5,5 por cento do PIB e dan emprego a máis de 850.000 persoas.

Proba do papel que desempeñan as actividades loxísticas e de transporte de mercancías, a Comisión Europea, no seu Libro Branco do Transporte de 2011, prevé que este sector creza un 80 por cento ata 2050. 

Isto pon de manifesto que a optimización do sector loxístico ocupa un lugar mi destacado na axenda política europea.

. Actuacións prioritarias:

A Estratexia, que se fundamenta no Plan de Infraestructuras, Transporte e Vivenda (PITVI), recolle 18 actuacións prioritarias que constituiran os primeiros pasos a emprender no horizonte máis próximo, en orde a obter uns resultados tanxibles no curto prazo.

Estas actuacións serán as seguintes:

- O fortalecemento da Unidade Loxística, reforzando a súa composición e definindo as súas funcións para a implementación da estratexia. A Unidade Loxística, que se creou a comezos de 2013, continuará sendo a encargada de manter a coordinación e colaboración entre distintos actores implicados na Estratexia, e de xeito especial cos dous grupos xa constituídos con motivo da súa elaboración: o grupo de comunidades autónomas e o Foro Loxístico, formado polas asociacións do sector.

- O desenvolvemento dunha normativa específica da loxística, que dote ao sector dun corpo xurídico propio.

- O impulso á liberalización do transporte ferroviario de mercancías, na que xa se están dando pasos significativos.

- A mellora da formación do sector en coordinación cos Ministerios de Educación e de Emprego, e coas comunidades autónomas.

- A elaboración dun código de boas prácticas para dotar ao sector dunha maior confianza e transparencia.

- A creación dun portelo único para a tramitación administrativa que alixeire e homoxenice os trámites nos diferentes modos. O obxectivo desta actuación é harmonizar a documentación requirida nas cadeas se transporte nacional e internacional, tanto para diferentes modos como servizos administrativos.

- A integración da Loxística no Observatorio do Transporte, para que integre e analice todos os datos do sector. O Observatorio pasará a denominarse do Transporte e a Loxística.

- Análise das capacidades de carga no transporte por estrada.

 - A coordinación de calendarios de restriccións ao transporte de mercancías por estrada, que harmonice a heteroxénea situación actual.

- A posta en servizo de Autopistas Ferroviarias, previa análise dos potenciais tanto nacionais como internacionais.

- A optimización dos modelos de xestión de terminais intermodais que redunde nunha maior eficiencia e competitividade dos mesmos.
- O establecemento de acordos cos sectores loxístico e industrial para potenciar o uso do ferrocarril.

- O incremento da competitividade nos portos, mediante decisións como a redución de taxas que está contemplada no Proxecto de Lei de Orzamentos que se tramita no Parlamento.

- A análise da posta en servizo de novas Autopistas do Mar, impulsando os correspondentes acordos cos respectivos países da Unión.

- Completar a definición do mapa loxístico de España.

- A adaptación dos principais corredores ferroviarios para transporte de mercancías, buscando unha participación máis activa do ferrocarril na cadea de transporte, tanto de nivel nacional como internacional.

- A mellora  dos accesos terrestres aos portos, como nodos básicos de conexión multimodal.

- E, para rematar, a conexión de forma directa dos portos con terminais interiores, mellorando  a conectividade coa seu hinterland.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta