Onte na XX Unión Interparlamentaria do PP en Córdoba, interviu Alfonso Rueda, participando na mesa sobre Boas prácticas de xestión popular nas comunidades.
Alí, o Secretario Xeral do PPdeG puxo de manifesto que o modelo económico que aplicaron os populares en Galicia baseouse desde un principio en poñer en dúbida as partidas de gasto da Administración galega, partindo sempre dunha blindaxe dos servizos públicos.
Alí, o Secretario Xeral do PPdeG puxo de manifesto que o modelo económico que aplicaron os populares en Galicia baseouse desde un principio en poñer en dúbida as partidas de gasto da Administración galega, partindo sempre dunha blindaxe dos servizos públicos.
Dixo que o Goberno liderado por Feijóo puxo en dúbida que a Xunta tivese que renovar cada ano os vehículos dos seus altos cargos, e por iso conserva os da época do Bipartito; puxo en dúbida a necesidade de que 160 políticos dispuxesen de coche oficial, e por iso hoxe só o teñen 14 persoas; puxo en dúbida a utilidade dun enorme armazón de chiringuitos e entes situados na categoría de administración paralela, e eliminou 57 fundacións, sociedades ou organismos prescindibles, que gastaban 40,7 millóns de euros do orzamento da Xunta.
Por outra banda, o actual Goberno autonómico cuestionou a necesidade de contar con 13 conselleiros e 51 delegados provinciais, e por iso só conta con 8 e 5, respectivamente.
Así mesmo, Rueda indicou que os populares tamén puxeron en dúbida que a relación entre a Administración e o cidadán teña que permanecer inalterable, e por iso aforran un millón de euros a través de tramitacións virtuais grazas á sede electrónica da Xunta.
Engadiu por outra banda, que os populares galegos impulsaron a primeira fusión municipal en España en case dúas décadas xa que cuestionaron a necesidade de que Galicia conte con 315.
Explicou que grazas a poñer en dúbida o modelo herdado por nacionalistas e socialistas o Goberno de Feijóo logrou aforrar para que, nun momento de menor dispoñibilidade orzamentaria, os axustes afectasen máis á Administración e menos aos cidadáns.
Por iso, foron capaces de construír ou reformar cinco hospitais desde 2009, de crear 18.000 novas prazas de comedores escolares e de pasar dun modelo educativo que camiñaba cara ao monolingüismo a un baseado en incorporar o inglés de forma definitiva ás aulas
Así mesmo, puideron avanzar rebaixas fiscais por valor de máis de 300 millóns de euros a persoas con rendas baixas, emprendedores e persoas que queiran contratar a traballadores. Ademais, Galicia paga en 45 días aos seus provedores sen ter que pedir axuda ao Goberno central.
E todo iso, segundo destacou Rueda, con catro puntos menos de paro que España, cumprindo o déficit público ano tras ano, e con indicadores como os da produción industrial ou as exportacións en mellores cocientes que os do conxunto do Estado.
Neste senso, explicou que se Galicia presenta mellores datos que a media estatal é porque, entre outras cousas, os galegos apartaron do poder aos socialistas hai case cinco anos, pero os españois derrotaron ao PSOE en España hai menos de dous.
Así, mentres algúns falaban de brotes verdes e agrandaban o pozo no que estaba o país con proxectos como o Plan E, en Galicia xa se pensaba en conceptos como racionalidade, eficiencia, aforro e austeridade.
Alfonso Rueda concluíu a súa intervención asegurando que os populares, como partido, son especialistas en arranxar o que outros destrozaron. Neste sentido, convidou aos populares a seguir superando como xestores os retos que a crise puxo ante eles e a seguir sendo dignos merecedores da confianza dos cidadáns.
Rematada esa mesa redonda, a delegación parlamentaria do PPde G posóu na foto que acompaño.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta