O Goberno, por medio do Ministro de Facenda e Administracións Públicas presentou hoxe no Congreso dos Deputados o proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2014, que son unhas contas que manteñen o rigor, a austeridade e que seguen comprometidas coa redución do déficit público, pero que xa permiten albiscar algúns indicios de recuperación produto dos esforzos feitos por todos os cidadáns e polo Goberno para sacar a España da crise.
O investimento previsto para a provincia de Ourense ascende a 610,89 M€ (en 2013 foron 534,48 M€), dos que 591,472 M€ corresponden aos Ministerios e 19,42 M€ ás Sociedades e outros organismos.
Na miña opinión son uns orzamentos nos que, a pesar do compromiso irrenunciable do Goberno de recortar o déficit do conxunto das Administracións Públicas en 2014 ata o 5,8 % do PIB, mantéñen os compromisos con Ourense.
Este é o desglose:
MINISTERIO DE FOMENTO:
O Ministerio de Fomento e os seus organismos autónomos e empresas investirán en 2014 en Ourense 590,97 M€. En términos absolutos, Ourense é a provincia de España con maior volume de investimento de Fomento, un 317 % sobre a media nacional. Pasou da 2ª á 1ª posición respecto de 2013.
O volume de investimento de Fomento en Ourense para 2014 aumentou un 11,1% respecto ao 2013 e é un 14% superior á variación media do investimento total do orzamento de Fomento dos anos 2013-2014.
Ourense é a provincia con maior investimento per cápita de Fomento a nivel nacional, cun importe de 1.789,4 euros.
Ourense é a 1ª provincia con maior investimento de Fomento en ferrocarrís, cun importe de 584,38 M€. O investimento en 2014 incrementouse nun 11,43% respecto ao 2013.
O investimento previsto en Ourense é de 584,40 M€, mentres que o investimento do PGE-2013 foi de 524,45 M€.
Proseguen as obras da liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo cunha dotación total para liña de 876,64 M€. O investimento previsto nesta provincia é de 571,35 M€, e inclúe tamén a dotación necesaria para levar a cabo a redacción dos proxectos básicos da nova liña entre Ourense e Vigo por Cerdedo. Continúase traballando nos accesos de integración ferroviaria á cidade de Ourense. Continúanse os estudos entre Ourense e Lugo e entre Ponferrada e Monforte. Ademais ADIF destinará 1 M€ na provincia na liña Ourense-Santiago para pago de liquidacións .
No orzamento de ADIF tamén se recolle unha partida para actuacións puntuales na rede convencional dotada con 345.000 €, para o tratamento de trincheiras na liña Monforte-Ourense-Santiago, e para investimentos en sistemas de protección entre Ourense e Frieira.
As partidas destinadas ao mantemento e xestión da rede convencional figuran no capítulo 7 do orzamento e ascenden na provincia a 11,24 M€.
Destinarase a cantidade de 5,9 M€ para investimentos en estradas de Ourense.
Nesta materia, na provincia contémplase a aprobación do Estudo Informativo da autovía A-76 Ponferrada-Ourense, e dótase unha partida de 100 mil euros para licitar a redacción do proxecto dun dos seus tramos (A Veiga de Cascallá-O Barco de 8,8 km), e contémplanse 110 mil euros para a redacción de proxectos da autovía A-56 Lugo-Ourense (Ourense-Enlace de Cambeo e Enlace de Cambeo-San Martiño)
Os PGE prevén 50 mil euros para a Variante de Ourense N-120/N-525 e dótase unha partida de 300 mil euros para o proxecto de construción da Circunvalación de O Barco.
Para asegurar o bo estado do mantemento e mellora da seguridade vial da rede estatal en Ourense investiranse 5,3 M€.
En Política de Vivenda impulsouse un cambio de modelo a través de varias reformas lexislativas e do novo Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. Ademais de dotar recursos para as novas liñas de axuda do Plan, farase fronte aos compromisos aínda existentes de plans estatais anteriores e das axudas de Renda Básica de Emancipación. Para iso, consignáronse 25,1 M€ para a Comunidade Autónoma de Galicia.
Por outra banda, na provincia de Ourense con relación aos programas de Rehabilitación Arquitectónica e de Conservación do Patrimonio Histórico Cultural (ata o momento 1% Cultural), contémplase unha dotación de 953.183 mil euros para as obras de rehabilitación do edificio da Praza de Abastos dá Ponte.
Ademais a Dirección Xeral de Arquitectura consigna 729 mil euros para a mellora e racionalización da Praza de Abastos de Ourense.
O Ministerio contempla un investimento na provincia, para diferentes conceptos, de 7,63 M€.
E a sociedade Augas das Concas de España contempla 3,5 M€ para o abastecemento de auga a Ourense e 15 M€ para a EDAR de Ourense.
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE:
O Ministerio contempla un investimento de 4,4 M€ para o Arquivo e a Biblioteca Pública de Ourense. E de 150 mil euros para o Museo Arqueolóxico de Ourense.
VALORACIÓN:
Compre destacar que non hai previstas subidas de impostos para 2014, así como que o novo escenario logrado co esforzo de austeridade realizado permite empezar a incrementar certas partidas como as destinadas a becas, cultura, e I D i, que crecen o 21,5%, 17,1% e 1,3%, respectivamente,
Por fin a consolidación fiscal levada a cabo en 2012 por todas as administracións públicas e axentes económicos traduciuse nunha redución da prima de risco e nunha mellora substancial das cotizacións en Bolsa e a partida destinada a pagar os intereses da débeda, por exemplo, baixa en 2.000 millóns (ou un 5,2%), tralas fortes subidas dos últimos exercicios.
Pese a todo, o Goberno non baixa a garda e o gasto conxunto dos ministerios, en consonancia co axuste e a austeridade, volve baixar en 2014: nun 4,7%.
Subliñar o esforzo do Estado nestas contas públicas para financiar o gasto social, e en particular a Seguridade Social. As pensións revalorízanse un 0,25 %, o que supón que o gasto en pensións aumenta un 4,9% respecto de 2013 ata situarse en 127.483 millóns de euros, pero o Goberno do PP mantén o seu compromiso de non baixar nunca as pensións aos nosos maiores.
En Ourense, este esforzo afectará, entre outros, ás 108.917 persoas que reciben pensións contributivas.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.
Recibirá resposta. Grazas.