lunes, 2 de septiembre de 2013

Ás políticas educativas do PP de G

Esta tarde tivemos unha reunión da Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense que preside Manuel Baltar, e o tema central foi o das políticas educativas da nosa formación.

Foi ponente, Jesús Vázquez Abad, Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e tamén de Cultura.

Comezóu enumerando os obxectivos: unha educación moderna, en liberdade cun profesorado altamente cualificado, con autoridade; que prime a cultura do esforzo. Cunha aposta decidida pola formación profesional. En definitiva un sistema dinámico, aberto, competitivo e emprendedor.

Falou do proxecto da LOMCE que xorde polo inmóvilismo e a defensa pechada dun modelo socialista fracasado contrario aos modelos europeos educativos de éxito. Trátase con esta iniciativa do goberno de Rajoy de frear a taxa de abandono escolar de España, que é do 26,5 %, o dobre da media europea. 

Persegue a mellora da taxa de idoneidade, da empleabilidade, igualar os requisitos e esixencias do sistema educativo en todo o territorio nacional, aumentar as taxas de titulación en secundaria, mellorar a aprendizaxe de linguas estranxeiras, etc.

Referiuse logo ás diferentes políticas educativas.

Sobre os comedores escolares apuntou que se incrementaron en 10.000 as prazas e dixo que o novo sistema é máis xusto e igualitario pois se apoia ás familias con menos recursos. O 70 % dos usuarios teñen servizo gratuito ou pagando 1 € por menú.

Sobre os libros de texto, informou que 7 de cada 10 alumnos de Educación Primaria e ESO e o 100 % de alumnos de educación especial benefícianse dese sistema.

Tamén houbo tempo para escoitar información sobre os plans de fomento da lectura, da rede galega de formación do profesorado, dos programas de reforzo para evitar o fracaso escolar, do plan Abalar dedicado ás novas tecnoloxías, etc.

O Plan de potenciación de linguas estranxeiras, mereceu unha especial mención pois é moi grande o esforzo en dotar de máis seccións plurilingües, a potenciación das escolas de idiomas, o crecemento da oferta de estancias formativas, auxiliares de conversa, etc.

E finalizou a súa intervención falando da Formación Profesional e da Universidade.

Saio moi satisfeito desta reunión, que permite constatar como en Galicia, en tempos de enormes dificultades económicas, o noso sistema educativo, mellora. 

Sen dúbida o maior mérito é de Jesús Vázquez Abad, un político preparado, moi próximo, gran traballador e mellor persoa.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta. Grazas