Hoxe desde as dez da mañá celebramos no Congreso dos Deputados unha sesión da Comisión de Fomento.
Como presidente abrín a sesión con estas palabras: “Celebramos hoxe, e continuaremos mañá, unhas comparecencias para abordar o terrible accidente ferroviario ocorrido en Santiago de Compostela o pasado 24 de xullo, véspera da festividade de Galicia e do Apóstolo.
Quero, en nome da Comisión, expresar o noso sentido recordo e homenaxe ás 79 vítimas mortais de idades e nacionalidades diversas e a nosa solidariedade e proximidade cos seus familiares e cos seus amigos; esperamos tamén a pronta recuperación dos feridos e moi especialmente dos que aínda permanecen nos hospitais.
Non podo deixar de recordar como ante esta catástrofe moi en especial os veciños de Angrois, os de Santiago e en xeral todo o pobo de Galicia actuou como unha gran familia solidaria na dor e solidaria na acción.
Quero sinalar tamén, señorías, a nosa admiración pola actuación dos profesionais sanitarios, do persoal de urxencias, dos efectivos de protección civil, dos bombeiros, da Cruz Vermella, dos psicólogos, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, do persoal da Administración de Xustiza e do resto das administracións local, autonómica e estatal, e por suposto tamén do persoal de Renfe e do persoal de ADIF.
Señorías, como presidente desta Comisión pero tamén como galego, quero agradecer as múltiples expresións de agarimo e de apoio que recibimos de todos os lugares de España e do mundo. Esta proximidade ciertamente nos reconfortóu. Por todo iso, en sinal de condolencia e de solidariedade con todas as vítimas deste accidente, pídolles, señorías, que gardemos un minuto de silencio.”
Todas as señoras e os señores deputados, postos en pé, gardaron o minuto de silencio. Din a palabra a continuación ao presidente de Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) e ao da Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois (RENFE)
Todas as señoras e os señores deputados, postos en pé, gardaron o minuto de silencio. Din a palabra a continuación ao presidente de Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) e ao da Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois (RENFE)
http://www.crtvg.es/informativos/os-presidentes-de-adif-e-renfe-comparecen-no-congreso-para-informar-do-accidente-de-tren-de-santiago-638241
http://www.crtvg.es/informativos/os-presidentes-de-adif-e-renfe-comparecen-no-congreso-para-informar-do-accidente-de-tren-de-santiago-638241
http://www.elcorreogallego.es/panorama/nacional/ecg/adif-dice-tramo-ferroviario-ourense-santiago-proyecto-ertms-ancho-ave-cambio-2010/idEdicion-2013-08-08/idNoticia-820882/
http://www.rtve.es/noticias/20130808/linea-ourense-santiago-iba-ser-alta-velocidad-ertms-pero-se-dejo-convencional/733621.shtml ´
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-14-25h-638242
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00h-638305
http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-de-adif-considera-trascendental-a-decision-do-goberno-socialista-de-transformar-a-lina-ourense-santiago-en-convencional-638304
http://www.crtvg.es/informativos/o-presidente-de-renfe-di-que-o-tren-sinistrado-pasara-toda-as-revisions-638303
http://www.crtvg.es/informativos/os-grupos-parlamentarios-esixenlle-ao-goberno-a-maxima-atencion-as-vitimas-638302
http://www.abc.es/economia/20130808/abci-alminuto-renfe-adif-201308080851.html
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas