lunes, 5 de agosto de 2013

Constituida a Comisión técnico-científica de asesoramento en materia ferroviaria

Onte tivo lugar a primeira reunión constitutiva da Comisión técnico-científica que creou o Ministerio de Fomento coa finalidade de asesoramento en materia ferroviaria.

A comisión está integrada por un presidente, 10 vocais e un secretario, designados entre profesionais de recoñecido prestixio no sector ferroviario.

Nun prazo de seis meses, a comisión elaborará un informe que incluirá: un estudo do sector ferroviario en España a sua comparativa con outros países da contorna; unha análise da normativa existente; análise de medidas para o reforzo e a mellora da seguridade; posibles propostas de mellora que se reciban no ámbito do Ministerio de Fomento, así como calquera outra función de asesoramento que lle sexa encomendada.

A comisión poderá invitar ás reunións a outros expertos con competencia recoñecida no sector ferroviario, así como a persoal do Ministerio de Fomento, do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) ou RENFE-Operadora, neste caso co fin de facilitar e preparar os traballos que debe desenvolver.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas