O número de parados diminúe en 225.200 persoas

O pasado 25 de xullo, coñeciamos a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao segundo trimestre de 2013m elaborada polo INE.



Estes son os datos do total nacional:



A ocupación subiu 149.000 persoas, ata un total de 16.783.800. A taxa de variación trimestral do emprego é do 0,90% e a taxa anual do - 3,64%. A ocupación aumenta fundamentalmente no emprego privado, permanecendo prácticamente igual no emprego público.



O número de traballadores por conta propia crece en 37.300 e o de asalariados en 111.900. Os empleadores aumentan en 14.400 e os traballadores independentes ou empresarios sen asalariados fano en 13.900. O total de asalariados con contrato indefinido baixa en 50.400 e o de asalariados con contrato temporal increméntase en 162.200.



A ocupación aumenta en 154.800 persoas nos Servizos e en 37.500 na Agricultura. Pola contra, descende na Construción en 26.500 e na Industria en 16.800.


As comunidades autónomas nas que máis crece a ocupación respecto ao trimestre anterior son Illes Balears (68.100 ocupados máis) e Andalucía (61.700). Os descensos máis acusados danse en Comunidade de Madrid (19.400 menos) e Canarias (9.000).

Estremadura e Illes Balears presentan crecementos anuais de ocupación (2,99% e 1,92%, respectivamente). Pola súa banda, os maiores descensos do emprego danse en Cantabria (-8,06%), Principado de Asturias (-6,66%) e Aragón (-6,65%).

O número de parados diminúe en 225.200 persoas e alcanza a cifra de 5.977.500. A taxa de paro baixa 0,9 puntos ata o 26,26%. Entre os estranxeiros o paro descende en 145.400 persoas.

Os descensos do paro afectan prácticamente a todas as comunidades autónomas. As maiores baixadas respecto ao trimestre anterior obsérvanse en Comunidade de Madrid (39.400 parados menos), Illes Balears (38.300), Andalucía (33.300 parados menos) e Cataluña (29.300).

O número de activos descende en 76.100 e deixa o total de activos en 22.761.300 e a taxa de actividade no 59,54%. Nun ano a taxa de actividade descendeu máis de medio punto.

O maior incremento de activos este trimestre obsérvase en Illes Balears (29.700 máis) e Andalucía (28.400). Os descensos máis acusados danse en Comunidade de Madrid (58.800) e Canarias (23.200).


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta. Grazas

Con la tecnología de Blogger.