Chamamento de Feijóo á unidade de todas as forzas políticas para blindar o futuro do naval e evitar a inxustiza de que se condene ao sector coa devolución do tax lease

Salientar hoxe na sesión de control do Parlamento de Galicia, as palabras do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, facendo un chamamento á unidade de todas as forzas políticas para atopar unha solución que protexa o futuro do sector naval e evitar a inxustiza de que se condene aos estaleiros galegos coa devolución do tax lease.


Neste senso, en igualdade de condicións con outros países da Unión Europea, pediu que se atenda ao principio de confianza lexítima porque, na súa opinión, todos aqueles que contrataron conforme a lexislación vixente en España non poden agora verse prexudicados por cumprir a lei dun Estado membro.


“Este Parlamento e vostede –dixo en alusión ao voceiro do Partido socialista- estamos de acordo en que sería unha inxustiza manifesta condenar ao sector naval galego e ao sector naval español e condonar ante un mesmo suposto ao sector naval francés”, aseverou e, por iso, pediu ao PSdeG que traballe conxuntamente co comisario competente nesta materia, Joaquín Almunia, tamén socialista. Na mesma liña, garantiu o compromiso do Goberno central neste mesmo obxectivo.

Neste sentido, o Ministro Soria xa expresou con rotundidade que a posición do Goberno é moi clara e defenderá que as axudas non teñan que ser reembolsadas. Segundo explicou, esta situación xa se deu noutro caso similar que atravesou Francia, país co que se arbitrou un novo sistema e non se esixiu a devolución das axudas concedidas.

Si as axudas teñen que ser devoltas total ou parcialmente, o de menos é o novo sistema porque, por moi bo que fóra, non aguantarían os estaleiros españois.

Agardemos que impóñase o sentido común.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas


Con la tecnología de Blogger.