domingo, 5 de mayo de 2013

O vindeiro Pleno do Congreso

O próximo Pleno do Congreso comezará o vindeiro martes, 7, ás 16,00 horas, co debate de toma en consideración dunha proposición de lei do Parlamento de Galicia sobre a modificación da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas, e outra do Grupo Parlamentario Socialista sobre actualización da Lexislación sobre Protección á Infancia.



Doutra banda, debateranse as proposicións non de lei do Grupo Parlamentario Popular relativa á creación e regulamentación dun mecanismo que permita aos lexítimos herdeiros dun defunto coñecer as posicións deste en depósitos bancarios e en participacións en fondos de investimento; e do Grupo Parlamentario Socialista sobre as retribucions de directivos de grandes empresas.



A sesión do martes continuará coas mocions consecuencia de interpelacions urxentes do Grupo Mixto sobre o respecto aos valores democráticos por parte do Goberno no proceso soberanista de Cataluña; do Grupo Socialista sobre os motivos do Goberno para acometer unha reforma da lexislación que protexe os dereitos da saúde sexual e reproductiva das mulleres e o exercicio libre e responsable da interrupción voluntaria do embarazo, e do Grupo IU, ICV-EUiA, CHA sobre o criterio do Goberno á hora de transformar en autovías aquelas estradas que discorren de xeito paralelo a autopistas de peaxe, con especial referencia á N-II e N-232 nos seus tramos aragoneses.

O Pleno renovarase o mércores, 8 de maio, ás 9,00 horas, coa comparecencia, a petición propia, do grupo parlamentario Socialista e dos grupos parlamentarios Esquerda Plural e Mixto, do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de acordo co disposto no artigo 203 do Regulamento do Congreso, para informar sobre o Programa de Estabilidade e o Plan Nacional de Reformas, aprobados polo Consello de Ministros na súa reunión de 26 de abril.

O Pleno do mércores continuará coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelaciones urxentes.

O xoves, tamén a partir das 9,00 horas, debaterase as enmendas do Senado ao proxecto de Lei de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei 22/1988, de 28 de xullo de Costas. Unha vez ratificados ou retirados os cambios que aprobou a Cámara Alta, este proxecto culminará a sua tramitación parlamentaria.

Posteriormente debateranse os dictames das correspondentes comisións sobre o proxecto de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1987, de 30 de xullo, de Delegación de Facultades do Estado nas Comunidades Autónomas en materia de transportes por estrada e por cable; o proxecto de Lei Orgánica de protección da saúde do deportista e loita contra o dopaxe na actividade deportiva; e o proxecto de Lei Orgánica de reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial. Todos eles requiren a aprobación por maioría absoluta da Cámara. 

A continuación, se celebará o debate de totalidade do Acordo Comercial entre a Unión Europea e os seus Estados Membros, por unha banda, e Colombia e o Perú, por outra, feito en Bruxelas o 26 de xuño de 2012. 



O Pleno concluirá con outro debate de totalidade, o do proxecto de Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas, que unha vez superada esta votación continuará a súa tramitación na Comisión correspondente.

* Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es. 

Recibirá resposta. Grazas.