Na Xunta Directiva do PP de G

Hoxe celebramos a primeira Xunta Directiva do PPdeG desde o Congreso celebrado en Lugo.

O presidente Alberto Núñez Feijóo afirmóu que as decisións que se tomaron non foron agradables pero mereceron a pena porque España comeza a camiñar de novo.

Dixo  que España evitoóu o rescate e está a garantir a viabilidade dos servizos, das pensións, está reforzando a confianza na nosa economía e está incentivando a riqueza.

Así mesmo, puxo en valor a Lei do Emprendedor, aprobada polo Consello de Ministros e tamén a que se elaborou en Galicia e que elimina a necesidade de contar con licenza para poder poñer en marcha unha empresa.

Alberto Nuñez dixo que cre que sairemos desta e que xa se está empezando a facer posto que non só se está empezando a tapar buracos senón tamén a abrir oportunidades.

Segundo destacou, superamos escollos que parecían insalvables, e por iso está convencido de que alcanzaremos todo o que hoxe parece impensable.

Feijóo tamén fixo fincapé na importancia de que o traballo do Goberno autonómico vaia da man dos galegos, posto que esa coalición vai permitir saír adiante.

Dixo que, é esta coalición a que está a permitir ser a comunidade máis solvente de España, seguir adiante cunhas contas públicas ordenadas, manter e incrementar os servizos públicos, reforzar a sanidade e a educación e poñer a disposición dos galegos 10.000 prazas públicas de servizos sociais.

De feito, apuntou que é a coalición cos galegos a que permite non renderse no obxectivo de recuperar a senda da prosperidade e amosouse convencido de que Galicia pode dar máis de si mesma e pode saír adiante.

Feijóo expresou o seu parecer acerca dos partidos da oposición, dos que dixo que levan seis meses atrapados na frustración de perder as eleccións, pero agarda que poidan sumarse a algún dos pactos que lles ofreceron os populares, como a proposta da reforma electoral ou a renovación ordinaria de varias institucións pendentes.

Así mesmo, tendeu a man aos partidos da oposición, quen xa demostraron que teñen moito contra el, pero agora teñen a oportunidade de demostrar que teñen algo a favor de Galicia.

Por outra banda, afirmóu que cre que a cidadanía busca garantías de estabilidade e iso é algo que hoxe en día vese reflectido na Xunta Directiva do PPdeG, que representa, ao seu entender, un partido estable, un goberno estable e políticas estables.


 Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

 Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.