jueves, 16 de mayo de 2013

Gratitude dos ourensáns ás Siervas de María

Onte asistín a unha Misa de acción de grazas na Parroquia de Cristo Rei que presidiu o Bispo de Ourense, D. Leonardo Lemos Montanet, na que se expresou o recoñecemento da igrexa local desta diócese e de todos os ourensáns ás Siervas de María, Ministras dos Enfermos.

As primeiras relixiosas desta Congregación chegaron a esta capital o 15 de maio de 1987, xusto onte fixo 116 anos. As relixiosas deixan agora a casa da congregación, obrigadas pola súa avanzada idade (as máis novas teñen 55 e 65 anos, mentres que as demais roldan ou superan os 80 anos) e a falta de vocacións que impide a súa substitución.

Neste longo período de tempo as Siervas de María entregáronse en corpo e alma ao labor de atención pola noite nos seus domicilios, a enfermos, moitos deles terminais, persoas que saíran dunha operación, maiores, etc . 

Como éscribía o pasado día 12 no Diario "La Región", o sacerdote D. José Carlos Fernández Otero "Cerraron los ojos a muchos ourensanos y ourensanas a quienes asistieron en sus últimos momentos"

Quero, como representante dos ourensáns, recoñecer e agradecer o enorme servizo que prestaron estas relixiosas á Ourense e por iso imos añoralas moito.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.


Recibirá resposta. Grazas.