Como todos os xoves, desde as 8,35 horas, celebramos en Radio Voz o faladoiro no que baixo a moderación de Antía Díaz Leal, tres parlamentarios galegos no Congreso debatemos acerca da actualidade política.
Hoxe o tema máis importante foi a noticia da entrada de PEMEX- a cuarta petroleira do mundo - como accionista maioritario do estaleiro vigués “Hijos de J. Barreras.
Dixen que ao meu xuízo tratábase dunha moi boa noticia, tendo en conta a situación financieira do estaleiro e as dificultades que tiña para conseguir os avais necesarios para afrontar o pedido dun flotel para Pemex.
Recordei que a entrada de Barreras en concurso de acreedores en xullo do 2011 castigou moito á industria auxiliar, e que ata 400 pequenas empresas do sector víronse atrapadas nos 78 millóns de débeda e que en xullo do pasado ano 2012, e tras perdoar os acreedores o 80 % da débeda, salvouse da liquidación. Tamén aludin aos 22 meses sen traballo algún no estaleiro.
Afirmei que a entrada de Pemex no accionariado de Barreras suporá beneficios, en primeiro lugar para os traballadores do naval, en segundo lugar para o sector naval na súa totalidade, incluídas as empresas auxiliares, e, en terceiro lugar, beneficios claros para Galicia.
Así os traballadores que están en paro no naval, que lamentablemente son moitos, poderám empezar a traballar próximamente na construción, como mínimo, de dous floteis que se van facer un na ría de Vigo e outro en Navantia na ría de Ferrol
Salientei o traballo do presidente Alberto Núñez Feijóo para a captación deste socio estratéxico que acredita que a Xunta non só está a cumprir a folla de ruta con Pemex, senón que a está incrementando.