miércoles, 3 de abril de 2013

Na Xunta Directiva Nacional do PP


Esta mañá asistín á Xunta Directiva Nacional do Partido Popular na que tivo lugar a intervención do presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy.

O presidente do Goberno presentou a estratexia dos próximos meses para iniciar a recuperación económica co obxectivo de crear emprego. 

Dixo que o ano 2013 será o último ano duro: en 2014 crearase emprego. Nun ano recuperamos o tempo perdido coas medidas que se deberían tomar fai anos.

1. Corrixindo o déficit, que bloquea o financiamento ás administracións. 
2. Arranxando os problemas do sector financeiro, co obxectivo de que cidadáns e pemes recuperen o fluxo do crédito. 
3. Solucionando os problemas derivados da débeda externa, que apuntaba ao billón de euros, o equivalente ao PIB. 
4. Resolvendo a falta de competitividade con reformas estructurales, que si se tomaran antes agora non estariamos nesta situación. 

Afirmou que temos que seguir na mesma liña que seguimos ata agora porque estamos no bo camiño e dixo:

. Nun só ano puxemos en marcha 24 normas con rango de lei. 
. Superamos dúas crise: unha financeira e unha de débeda soberana. 
. A reforma laboral evitou que se destrúa moito emprego e cando repunte a economía facilitará a creación de moitos postos de traballo.
.As administracións fixeron un gran esforzo e desde o Goberno seguiremos apoiándoas para que cumpran os seus compromisos. 

Dixo que nos próximos meses, imos presentar medidas decisivas: 

. Medidas de crecemento: lei de emprendedores, plan de emprendimiento novo e de rehabilitación urbana. 

. Reformas: creación da autoridade fiscal independente para controlar as contas, reforma das administracións e reforma energética. 

Finalizou dicindo que nos enfrontamos a problemas que non son novos: o que é novo é que haxa un Goberno que poña medidas para solucionalos. E eixo:

. Entendemos o malestar dos cidadáns ante os desafiuzamentos, pero antes ninguén fixo nada e ninguén protestaba. 
. Facemos un chamamento a todos os partidos políticos e a todos os españois para que condenen os actos antidemocráticos. 
. Como fixemos contra os abusos das preferentes, estamos tomando medidas pioneiras para solucionalos, con responsabilidade