lunes, 1 de abril de 2013

Alberto Núñez: un político exemplar no que se pode confiar


Onte o diario El País publicaba unhas antigas fotografías de fai dúas décadas nas que aparece Alberto Núñez Feijoo cando tiña ao redor de 34 anos, nas que aparecía con Marcial Dorado.

Fotos realizadas nun  contexto de lecer e que nada tiñan que ver coas responsabilidades  laborais que naquel momento tiña Feijoo.

Replicóu onte cun explícito comunicado, e hoxe no Grupo Parlamentario, Alberto Núñez en rolda de prensa deu toda clase de explicacións sobre as fotos nas que se lle ve con Marcial Dourado do que dixo que cando o coñeceu non sabía nada sobre o seu pasado nin sobre a súa actividade. Nada. Nin a que se dedicaba nin en que podía estar involucrado. 

E engadiu que en canto coñeceu a través dun medio de comunicación, que tiña unha causa pendente nun xulgado en relación co contrabando cortou a súa relación de lecer con esta persoa.

Dixo que "vendo a hemeroteca, cando eu coñezo a esta persoa, non ten ningunha sentenza condenatoria e, vendo e consultando a hemeroteca, as sentenzas condenatorias prodúcense a partir do ano 2003, 2006 e 2009. Polo tanto, nin nese momento nin nos anos anteriores eu non tiña nada que ver con ese señor"

Reiterou en primeiro lugar que non lle sorprendía a publicación da reportaxe fotográfica xa que lle foi advertido en varias ocasións que podería saír en calquera medio de comunicación.

Dixo que, desde entón, durante todo este tempo, o que se pretendía era amedrentarlle, é dicir, que non dixese o que pensa, e engadiu "quero dicirlles que non o lograron: dixen todo o que penso nos últimos anos, sigo dicindo o que penso no día de hoxe e seguirei dicindo o que penso durante toda a miña vida política"

Engadiu : "teño a suficiente tranquilidade, respecto de a miña vida persoal e á miña vida profesional, como para que logo de catro anos gobernando en Galicia só poidan amedrentarme cunhas fotos de fai case 20 anos".

Con rotundidade afirmou" non vou cambiar a miña actitude nin a miña forma de actuar en política porque entendo que é fundamental actuar coa verdade e dicir as cousas que un pensa: con tranquilidade, con mesura, logo de reflexionalas"

Rematou dicindo: "a verdade é un bo aval para facer política e, polo tanto, por todas estas razóns, xa lles digo que non vou cambiar a miña forma de actuar, nin a miña forma de expresarme, nin as miñas opinións libres no exercicio das miñas responsabilidades".

Unha vez máis Alberto Nuñez Feijoo, non se esconde e responde con rapidez e plena transparencia e acredita que é un home centrado, recto e responsable.

Un político exemplar no que se pode confiar e así recoñecéronllo os galegos nas urnas. 

O meu total e absoluto apoio.