miércoles, 13 de febrero de 2013

Mario Draghi : "España vai polo bo camiño"

Onte visitou o Congreso Mario Draghi presidente do Banco Central Europeo quen participou nunha sesión informativa no Congreso dos Deputados na que ademais do presidente do Congreso e do BCE, interviron os portavoces dos grupos parlamentarios.

Draghi, apoiou en Madrid as medidas tomadas polo Goberno español fronte á crise: "España vai polo bo camiño", asegurou en roda de prensa no Congreso dos Deputados.

Valorou a reestructuración bancaria que levada a cabo. "España ten agora seguramente o mellor sistema de saneamento e recuperación da zona euro", dixo respecto diso.

Tamén se mostrou consciente dos apuros e dificultades que están sufrindo moitos españois nunha crise económica na que o desemprego supera xa o 26%.

Na súa roda de prensa dixo: "Cando as dificultades son tan serias, é realmente moi difícil ter a perspectiva adecuada" pero asegurou que dun ano a agora houbo un "enorme progreso".

Entre os sinais positivos que demostran que España vai por bo camiño citou os resultados das exportacións, a "case desaparición do déficit por conta corrente», así como «os efectos positivos que xa están tendo algunhas das reformas estructurais".