Compre salientar que o pasado día 29 de xaneiro o BOE publicaba a Resolución da Xerencia de Infraestructuras e Equipamentos, organismo autónomo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, de 16 de xaneiro de 2013, pola que se convoca o procedemento aberto para a adxudicación da terminación das obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado en Ourense no antigo Convento de San Francisco.
O presuposto base de licitación ten un importe neto de 13.792.580,93 € e un importe total: 16.689.022,93 euros.
A presentación de ofertas ou de solicitudes de participación das empresas ten unha data límite de presentación o 1 de abril de 2013.
Lembrar que as obras do Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado no antigo Convento de San Francisco en Ourense. foran iniciadas a finais do ano 2003 e quedaron paralizadas en 2006
por causas imputables á empresa adjudicataria, sendo obxecto de litixio e
posterior resolución do contrato de ejecución en 2008.
Agardemos que o proceso da nova contratación non acumule retrasos para que comecen pronto as obras que permitan que a cidade de Ourense poida disfrutar destes importantes espazos
culturais.