Merecida condecoración para D. Gerado Fernández Albor

No pazo de Fonseca en Compostela asistin hoxe ao acto de entrega da Gran Cruz da Orde de Isabel La Católica a D. Gerardo Fernández Albor.

Correspondeulle a Feijoo facer a laudatio e destacou  as achegas do ex presidente  a Galicia e refíriuse ao seu exemplo para poder actuar coa súa mesma honestidade, co seu mesmo acerto e coa súa mesma capacidade para aunar ideas contrapostas.

 Incidiu en que  deulle á nosa terra algo máis, e incluso máis importante: “Mobilizou tamén o sentimento maioritario da Galicia de entón, que se mantén na Galicia de hoxe, que é a permanente procura do entendemento e a aproximación ao proxecto español e ao proxecto europeo. Grazas ao impulso do Presidente Albor, tivemos a sorte de que a tradición de cooperación que estaba arraigada en Galicia a través de símbolos como o Camiño de Santiago se fortalecese nos primeiros anos da nosa autonomía”.

Pechou o acto o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Asegurou que "Ninguén como o presidente Fernández Albor podía haber auspiciado tanto o anclaxe do vastísimo patrimonio, lingüístico, cultural, social e afectivo que atesouraba unha Galicia en vésperas da súa autogoberno no incipiente modelo político da nosa organización territorial".

Tamén resaltou o presidente a traxectoria europeísta de Fernández Albor, que foi eurodeputado, e asegurou que "todos os retos que configuraron o noso pasado redefínense no noso presente, porque hoxe máis que nunca Europa está chamada a estreitar a súa integración en todas as ordes e a camiñar por un espazo común que España quere encabezar". 

Mariano Rajoy sinalou que  "Santiago de Compostela por moi desprazada que estea do centro neurálxico de Europa, sitúase no punto neurálxico  da conciencia europea, unha conciencia que España irradiaría despois ao longo e ao ancho dun novo mundo". O presidente sinalou que "camiño de Santiago, Europa fíxose a si mesma e esa Vía Xacobea converteuse no mellor anclaxe de Galicia e de España con Europa".


Parabens a D.Gerardo, pai de familia,  humanista, médico, político e sempre galeguista, que  hoxe recibiu un merecido recoñecemento.

Con la tecnología de Blogger.