miércoles, 19 de diciembre de 2012

No museo Ferroviario de Madrid-Deicias


Á primeira hora desta tarde asistín a un acto de recoñecemento dos voluntarios da terceira idade que prestan a súa colaboración activa e desinteresada en prol da difusión do acervo cultural ferroviario no Museo Ferroviario de Madrid-Delicias e que están integrados en  o Programa de Voluntarios Culturais Maiores para ensinar os Museos de España,  que organiza a Confederación Española de Aulas da Terceira Idade. 


Foi tamén unha ocasión  para ver, acompañado polo seu Director, Carlos Abellán, este Museo que se abriu ao público en 1984 e cuxa sede é a antiga estación de Delicias, un dos exemplos máis claros e representativos da arquitectura industrial española, que se inaugurou en 1880 e que expón unha extraordinaria selección de vehículos e pezas relacionadas co ferrocarril, que pretende mostrar a evolución deste xeito de transporte. 
 
Recomendo á visita a este Museo.