A
próxima semana continúa a tramitación do proxecto de lei de Orzamentos Xerais do
Estado para 2013 co debate na Comisión de Orzamentos.
Reunirase o
martes, 6 de novembro, a partir das 10,00 horas e o mércores, día 7, desde as
9,00, para analizar o informe do relatorio, reunido o pasado luns, 29 de
outubro, e votar as emendas ao articulado e elaborar o ditame, que logo será
elevado a Pleno para debatelo e votalo entre os días 13 e 15 de novembro.
Tamén está previsto para o mércores 7 ás 10,00 horas unha comparecencia
na Comisión de Fomento da Presidenta da Comisión de Investigación de Accidentes
e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC), para informar sobre as actuacións
realizadas no ano 2011.
A Comisión de Investigación de Accidentes e
Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC), é o organismo oficial encargado de
realizar a investigación dos accidentes e incidentes de aviación civil que se
producen en territorio español.
A investigación ten un carácter
exclusivamente técnico, o seu fin último é a prevención de futuros accidentes e
incidentes, e non está dirixida a determinar nin establecer culpa ou
responsabilidade de tipo algún.
Os resultados da investigación plásmanse
nun informe que contempla a información factual en relación co accidente ou
incidente, unha análise da mesma, unhas conclusións e unhas recomendacións en
materia de seguridade.
A normativa vixente de Seguridade Aérea regula a investigación técnica de accidentes e incidentes de aviación
civil e reforza a independencia do
órgano colexiado encargado de efectuar as investigacións, a Comisión de
Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil, que está adscrita orgánicamente ao Ministerio de Fomento.