sábado, 29 de septiembre de 2012

Ourense, acada 550 millons de euros de investimentos nos PGE para 2013

 Hoxe coñecemos os datos dos investimentos do Estado na provincia de Ourense, e tras estudialos divulgamos unha nota de prensa que di:

"O investimento ascende a 550.282 millóns de euros, dos que 17.796 millóns corresponden aos Ministerios e 532.486 millóns ás Sociedades e outros organismos.

Estes datos despréndense dos PGE do 2013, que foron presentados hoxe no Congreso e que, en opinión dos deputados ourensáns  do PP, Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Vázquez, "son uns orzamentos nos que a pesar do compromiso irrenunciable do Goberno de recortar o déficit do conxunto das Administracións Públicas en 2013 ata o 4,5 por 100 do PIB mantéñense os compromisos con Ourense"

MINISTERIO DE FOMENTO:

O Ministerio de Fomento e os seus organismos autónomos e empresas investirán en 2013 en Ourense 534,8 millóns de euros, o que converte á provincia ourensá na segunda española con maior volume de investimento, superando 3,4 veces a media nacional. 

En materia de estradas, na provincia, finalizarase o Estudo Informativo da autovía A-76 Ponferrada-Ourense, que supón un novo acceso a Galicia desde o centro peninsular, e racionalízase o desenvolvemento da autovía A-56 Lugo-Ourense de maneira que tras a rescisión do tramo San Martiño-Enlace de Barrela Norte (Lugo) e o Enlace de Barrela poderase avanzar de xeito conxunto en todos os tramos en ambas as provincias.

Os PGE contemplan tamén a Variante de Ourense N-120/N-525, dado que quedará finalmente integrada na A-56 e dótase a partida para adxudicar e desenvolver o proxecto de construción para a conexión N-120/N-536, evitando o paso da circulación polo Barco de Valdeorras, o que supón unha gran mellora para o tráfico e a calidade de vida para os seus habitantes.

Delgado, Collarte e Vázquez subliñan que tamén se prevén partidas para o avance de actuacións e estudos en marcha como a mellora da seguridade viaria en Xinzo de Limia (N-525) ou a remodelación do enlace da Rúa (N-120), así como para asegurar o bo estado do mantemento da rede estatal en Ourense, dado que se orzaron 4,9 millones de euros.

Fomento mantén o seu compromiso de seguir pagando as expropiacións pendentes e en Ourense destínanse 2,47 M€ ao abono de expropiacións, modificados, adicionais e outras débedas pendentes de exercicios anteriores.

O maior investimento, con todo, corresponde ao AVE.  Continúan avanzando as obras da liña de Alta Velocidade Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo (por Cerdedo), cunha dotación total para liña de 882,4 M€, e o investimento previsto nesta provincia é de case 497 M€, o que inclúe tamén a dotación necesaria para levar a cabo a redacción dos proxectos básicos da nova liña entre Ourense e Vigo por Cerdedo.

Continúase traballando co Concello de Ourense e a Xunta de Galicia nos accesos de integración ferroviaria. O seu orzamento está incluído nos 497 M€ antes referenciados, e continúanse as actuacións entre Ourense e Lugo e o estudo da liña entre Ponferrada e Monforte. Ademais ADIF destinará na provincia 14,76 M€ para actuacións pendentes na LAV Ourense-Santiago (en servizo desde decembro de 2011) e levarán a cabo os estudos de viabilidade para a implantación de servizos de proximidade no ámbito desta Comunidade.

No orzamento de ADIF tamén se recolle unha partida para actuacións puntuais na rede convencional dotada con máis 1,3 M€.

As partidas destinadas ao mantemento da rede convencional figuran nesta ocasión no capítulo 7 do orzamento e ascenden na provincia a 11,24 M€ (nos PGE-2012 este investimento recollíase no capítulo 6- Convenio con ADIF).

En Política de Vivenda impúlsase un cambio de modelo a través de reformas lexislativas e do novo Plan Estatal de axudas ao Aluguer e de Rehabilitación e Rexeneración urbana. Ademais, farase fronte a compromisos de plans estatais anteriores e reorientarase a aplicación de recursos cara ás liñas de axuda do novo Plan Estatal. Para iso, consignáronse 30,1 M€ para a Comunidade Autónoma de Galicia, dos que unha parte beneficiarán a Ourense. Igualmente, atenderanse tamén compromisos de Renda Básica de Emancipación, para o que se dotou unha partida orzamentaria de 18,3 M€ para este fin para a Comunidade Autónoma de Galicia. Ourense participa neste Plan de Vivenda.

Respecto ao programa de Rehabilitación Arquitectónica, atenderanse os compromisos de actuacións iniciadas en anos  2011 e anteriores que a continuación se relacionan.  As actuacións concretas en Ourense, corresponden á Rehabilitación do edificio da Praza de Abastos da Ponte con 675.320,27 €.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Arquitectura pola súa banda consigna 1,17 millóns de euros para a mellora e racionalización da Praza de Abastos de Ourense.

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE:

O Ministerio consigna un investimento para diferentes conceptos de 4,9 millóns de euros. E a sociedade AcuaNorte contempla 10,4 millóns para o abastecemento de auga a Ourense e 9 millóns para a EDAR de Ourense. En total 21,4 millóns de euros.

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE:

O Ministerio contempla un investimento de 2 millóns de euros para o Arquivo e a Biblioteca Pública de Ourense.

MINISTERIO DE FACENDA e ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS:

Investirá 119 mil euros.

MINISTERIO DE INDUSTRIA, ENERXÍA E TURISMO

Investirá 22 mil euros

PENSIÓNS:

Noutra orde de cousas, os deputados Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Vázquez subliñan o esforzo do Estado nestas contas públicas, para financiar o gasto social, e en particular a Seguridade Social, que contará con achegas do Estado por un total de 15.553,79 millóns de euros, o que supón un incremento de 6.662,14 millóns respecto de 2012, un 74,9% máis.

Ademais as pensións revalorízanse un 1%. O gasto en pensións aumenta o 4,9% fronte a 2012 ata alcanzar un total de 121.557 millóns de euros.
Afectará entre outros a  as 108.828 persoas que reciben na provincia pensións contributivas.

O gasto en pensións aumenta este ano o 4,9 por 100 fronte a 2012 ata alcanzar un total de 121.557 millóns de euros no conxunto do Estado"