Estamos ás portas dunhas eleccións autonómicas moi importantes pois do parlamento que os galegos elixan sairá un presidente da Xunta que haberá de formar un goberno que terá que xestionar Galicia nun momento de extraordinaria dificultade económica e social.
Todas as opcións políticas son respectables e o democrático é que os cidadáns voten en liberdade e con responsabilidade.
Eu defendo a opción dun partido centrista, reformista e galeguista que con moderación, xestione o autogoberno de Galicia, resolvendo problemas e asegurando o crecemento económico, indispensable para o mantemento do benestar social.
Esta opción é a do PP de G que lidera un político que ten acreditada a súa entrega a Galicia. Creo que Alberto Nuñez Feijoo, é a persoa adecuada para este difícil momento e estou convencido que liderara a saída da crise e o comezo do crecemento.
Pero por moi solvente que sexa o noso líder, é importante contar cun bo equipo e neste sentido quero destacar o meu apoio á integridade dos que forman na lista do PP de Ourense,que como dicía o presidente provincial, Manuel Baltar, pódese definir con tres palabras: estabilidade, compromiso e responsabilidade.
Especial satisfacción prodúceme a elección de Jesús Vázquez, como cabeza de lista.
A súa traxectoria profesional como profesor universitario lle aválou para ser elixido en 2008 deputado en Cortes. No Congreso demostrou a súa valía como portavoz de universidades e pouco tempo despois foi requirido por Feijoo para ser Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, incorporandp mais adiante ás súas tarefas as de Cultura.

Creo que o seu labor pode cualificarse de sobresaliente. Traballou arreo para devolver o consenso linguístico a Galicia e foi capaz de abordar con menos recursos económicos a xestión deste importantísimo servizo publico, que é a educación.
Entre os resultados conseguidos podemos falar de máis alumnos con ordenador no ensino público,máis estabilidade financeira para universidades,máis matriculados en Formación Profesional e máis rapaces que teñen acceso agora a novas prazas públicas de escola infantil.
Os votantes teñen a palabra e espero que sigan confiando no PP de G.