Nun sábado netamente estival, a noticia económica destacada foron as declaracións a axéncia EFE do ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos que manifestou que a intervención do Banco Central Europeo nos mercados para aliviar as presións sobre a débeda española debe ser contundente e non ter de antemán fixado un límite nin de contía nin de duración.
Tamén dixo que a este tipo de intervencións non se lles pode pór límite ou non se pode explicitar polo menos a contía coa que se vai a intervir nin durante canto tempo para non restar efectividade a unha axuda que ten como obxectivo disipar as dúbidas sobre a zona do euro.
De Guindos recordou que España está facendo os seus deberes tanto no ámbito fiscal como no das reformas estruturais e así o están recoñecendo o Fondo Monetario Internacional (FMI) e Bruxelas.
Finalmente o ministro explicou que previsiblemente se definirán as contrapartidas da axuda a España, nas reunións de setembro do Eurogrupo e Ecofin (ministros de Finanzas dos países do euro e da UE) .
Sen dúbida espéranos un ultimo cuatrimestre con moitas decisións de calado no ámbito económico.