Esta mañá
coñecimos unha nova extupenda para Galicia. Estou a falar da sinatura dunha solicitude
de outorgamento da concesión para a instalación dunha terminal da empresa
Petróleos Mexicanos no Porto Exterior da Coruña en Punta Langosteira.
Alberto Núñez Feijóo - verdadeiro artífice deste logro - informou que cando se
materialice este investimento permitirá incrementar nun 20% o tráfico do Porto
da Coruña e un aumento do 15% dos ingresos económicos.
Nunha primeira fase fálase dun plan de
investimento de ata 70 millóns de dólares a cargo dunha das catro petroleiras máis
importantes do mundo que decidiu construír en Galicia a súa primeira terminal
en toda Europa.
Estamos sen dúbida estamos diante dunha firma
histórica para o sistema portuario galego de xeito que o porto de Punta
Langosteira sexa un referente portuario na fachada atlántica.
Noticias como
esta, reforzan a nosa confianza nas posibilidades de progreso do noso País.
Gracias ao investidor Pemex e noraboa a
todos.