Hoxe todos os galegos e seguro que moi especialmente os composteláns estamos moi felices pola recuperación dunha xoia do patrimonio cultural da humanidade como é o Códice Calixtino.
Lembremos que está dividido en cinco libros e una serie de apéndices dedicados á exaltación do universo xacobeo.
Teño que felicitar efusivamente ao Corpo Nacional de Policía polo seu labor que permitiu a detención dos presuntos responsables da sustracción, atopando hoxe esta magnífica obra, nada menos que agochada nun garaxe no Milladoiro.
Moitos parabéns tamén ao arcebispo e o deán da Catedral de Santiago, que un ano despois da sus desaparición ven como esta xoia volve a sua casa.