miércoles, 11 de julio de 2012

Medidas excepcionais nun momento excepcional

Hoxe tivemos un importantísimo debate no Congreso dos Deputados con ocasión da comparecencia, a petición propia, do presidente do Goberno para informar sobre o Consello Europeo celebrado os días 28 e 29 de xuño de 2012 en Bruxelas, así como para informar sobre a política económica do Goberno.


Comezou Rajoy expresando o agradecemento por todos os apoios que o Goberno recibiu dos grupos parlamentarios da Cámara, singularmente do principal partido da oposición, antes de emprender a viaxe a Bruxelas.

Dixo que España alcanzou un acordo histórico con Europa para sacar a nosa economía da dramática situación de desemprego e endebedamento, e que o Consello Europeo estableceu unha folla de ruta de consolidación fiscal e reformas estruturais, que é a mesma do Goberno, para crecer de forma sostible e recuperar a estabilidade do proxecto europeo.

Afirmou que os Estados membros reiteraron o seu apoio a España neste camiño, pero en contraparatida temos que cumprir coas súas recomendacións porque partimos dun endebedamento insostible.

Engadiu que atravesamos a segunda recesión máis grave da nosa historia debido aos excesos do pasado. Dixo que España gastou en só un ano 90.000 millóns de euros máis do que ingresou.

Aportou unha serie de datos económicos: o déficit público é do 8,9% do PIB, máis do dobre da media europea.O conxunto da administración pública acumula unha débeda de 800.000 millóns de euros que hai que refinanciar a un elevado interese, do 6%.A débeda do conxunto da nosa economía soporta unha débeda co exterior de 1,8 billóns de euros, é dicir, o 165% do noso PIB. Temos que pagar débeda ata polas prestacións sociais.

E aseverou que é misión do seu Goberno liberar a España desta herdanza e cumprir coa nosa responsabilidade co resto de socios da UE, e que debemos reducir o déficit público porque é esencial para o funcionamento da zona euro, porque só así se canalizará o crédito necesario para dinamizar a economía e para asegurar a prestación dos servizos públicos.

Expresou que a extraordinaria conxuntura económica esixe un esforzo adicional que empeza pola racionalización da administración pública.

Está en marcha unha intensa reforma da administración para eliminar duplicidades e garantir maior eficiencia nos servizos públicos. Reduciranse un 30% o número de concelleiros; o seu soldo, se homoxeneizará segundo as características do municipio.

Reduciranse empresas e fundacións públicas e recortaranse novamente as subvencións a partidos, sindicatos e organizacións empresariais.

Adoptaranse unha serie de medidas temporais coas que se prevé aforrar no seu conxunto 65.000 millóns de euros en dous anos e medio. Son medidas difíciles que o Goberno tivo que adaptar á extrema situación económica e que esixe do esforzo de todos.

Suspéndese a segunda paga extraordinaria deste ano a empregados públicos, tamén a deputados e senadores.

Redúcense as cotizacións á Seguridade Social e increméntase o IVE, mantendo o tipo superreducido para produtos de primeira necesidade.

Necesitamos financiamento para pagar prestacións básicas como o desemprego, a sanidade e a educación.

O Presidente do Goberno afirmou dun modo tallante: “Ou reducimos os gastos ou aumentamos os ingresos ou, se non nos queda máis remedio, facemos ambas as cousas. Non dispomos de máis lei nin de máis criterio que o que a necesidade imponnos. Facemos o que non nos queda máis remedio que facer, tanto se nos gusta coma se non nos gusta. Eu son o primeiro en estar facendo o que non lle gusta.

Dixen que baixaría os impostos e estounos subindo Non cambiei de criterio, nin renuncio a baixalos en canto sexa posible pero cambiaron as circunstancias e teño que adaptarme a elas. Señorías, fago o único que se pode facer para saír desta postración. Non pregunto se me gusta, aplico as medidas excepcionais que reclama un momento excepcional.

Tratamos de avanzar con firmeza por un camiño que non é fácil nin curto nin agradable, pero que non podemos eludir porque é o único que conduce á recuperación e é o que temos a obrigación de seguir e o que imos percorrer sen vacilaciones, como estamos facendo desde o primeiro día"

Concluiu decindo que :”España ten solución porque conserva fortalezas económicas, estruturais, demográficas, ata morais, que nos permitirán unha vez que abandone este atasco das finanzas e do déficit recuperar paso a paso todo o que perdemos. A tarefa non será sinxela, nin rápida, nin agradable.