domingo, 29 de julio de 2012

Na Escola de Verán " Miguel Angel Blanco"

O pasado venres e hoxe mesmo participei no Carballiño nos actos programados pola Escola de Verán do PP de Ourense,  "Miguel Angel Blanco" nesta edición baixo o lema  "Tempo de reformas" .

O venres escoitei dous interesantes relatorios, o da directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos; e o do presidente do PP de Lugo e portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro.

 A primeira disertou sobre a reforma do sector publico instrumental, e o lucense sobre as reformas e a sustentabilidade do Estado do benestar.

 E hoxe pola mañá asistín a unha mesa redonda , sobre a vision sobre o futuro de reforma da Administracion Local , integrada polo alcalde de O Carballiño, Argimiro Marnotes; o presidente do PP de Ribadavia, César Fernandez, o secretario provincial do PP de Ourense, Rosendo Fernández e o alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rei. 

 O acto de clausura correu a cargo do presidente provincial José Manuel Baltar e do Secretario Xeral do PP de G, Afonso Rueda. 

 A miña impresión sobre as actividades desta segunda edición da Escola é moi positiva, ao haberse abordado temas de candente actualidade e foi unha magnifica ocasión para recordar a memoria do concelleiro, Miguel Angel Blanco, asasinado vilmente por ETA o 13 de xullo de 1977.

 Felicidades ao responsable de formación do PP de Ourense, Cesar Blanco.