viernes, 22 de junio de 2012

As cifras de recapitalizacion do sistema financiero español son manexables

Teño que celebrar que onte  Ministerio de Economía e Competitividade e o Banco de España recibiran os informes individuais dos dous evaluadores independentes, Roland Berger e Oliver Wyman, sobre o sector financeiro español. Asi coñecemos que as probas dan como resultado unhas necesidades de recapitalización de entre 16.000 e 26.000 millóns de euros no escenario base dos exercicios de tensións, e de entre 51.000 e 62.000 millóns de euros no escenario adverso.

A análise foi realizado sobre 14 grupos bancarios, o 90% do sector, e aínda que o exercicio non permite realizar estimacións previas das necesidades de capital de cada entidade, cabe anticipar que os tres grandes do sector cumpren os requisitos de capital ata ante un hipotético empeoramento severo da economía española. As maiores deficiencias céntranse nas entidades participadas maioritariamente polo FROB. O resto de entidades poderían asumir as súas necesidades de capital por si mesmas ou cun moderado nivel de axuda pública.

Trátase dun primeiro e amplo exercicio de transparencia, baseado na avaliación de toda a carteira crediticia das entidades, como paso previo a unha análise individualizada dos balances por parte de catro empresas auditoras a concluír nas próximas semanas.

Responde á decisión do Goberno de dar confianza e seguridade no sistema financeiro español dentro dos compromisos europeos. A cifra de necesidades de recapitalización é manexable, está  acoutada  e atópase, en todo caso, por baixo dos 100.000 millóns de euros da liña de crédito acordada co Eurogrupo o pasado 9 de xuño.

Esta proba de esforzo é complementaria á efectuada recentemente polo Fondo Monetario Internacional (FMI)