Avances no Corredor Mediterráneo

Hoxe tivo lugar un acto que creo convinte resaltar.
 
Refírome á presentación que a ministra de Fomento, Ana Pastor, fixo en Valencia do "Estudo de implantación do ancho estándar europeo no Corredor Mediterráneo" para asi poder superar a limitación que supón a operación de cambio de eixo, que hai que realizar na fronteira francesa.

A ministra resalto  o compromiso orzamentario dos  primeiros PGE elaborados polo Goberno actual que prevén, en 2012, máis de 1.342 millóns de euros para o Corredor Mediterráneo, que asenta ao 47,8% da poboación española e supón o 44,8% do PIB nacional, xerando este eixo case a metade do tráfico total de mercancías nacionais.

A nota do Ministerio de Fomento resalta que o Goberno presentou o pasado día 8 de febreiro, á Presidencia danesa do Consello Europeo, a súa proposta de desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte en España, onde o Corredor Mediterráneo non só era unha prioridade, senón que se ampliou a súa extensión polo litoral, a través do eixo Almería-Málaga-Alxeciras.

Esta noticia evidencia a compatibilidade do desenvolvemento de distintos corredores ferroviarios no conxunto do territorio nacional.
Con la tecnología de Blogger.