sábado, 21 de abril de 2012

En Cenlle na homenaxe a D. Manuel García Montero

Na tarde de hoxe viaxei ata o bellísimo Concello de Cenlle para asistir na súa capitalidade ao acto de homenaxe a D. Manuel García Montero, que foi nada menos que durante 42 anos alcalde, ademais de mestre e director do colexio público.

Hoxe, xa xubilado e apartado da vida política institucional, ostenta a presidencia da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro.

O actual alcalde, Gabriel Alén, abriu o acto facendo unha glosa do homeaxeado e entregándolle o pergamiño de nomeamento de fillo predilecto para a continuación intervir varias persoas que desde distintas facetas valoraron a súa traxectoria, como profesor, como dinamizador social e deportivo, como cooperativista e como política, non faltando sentidas palabras de recoñecemento á súa esposa Dª Carmen.

Neste cálido e multitudinario acto, ao que aistiron entre outros o Conselleiro de Educación, o Presidente da Deputación e o Subdelegado do Goberno, puiden constatar o enorme agarimo que se lle profesa a este gran mestre da docencia, da política, do cooperativismo e do servizo público aos demais.

Parabéns.